Páx. 21-22
Rafa Villar (Cee, 1968) é un dos autores que mellor representa as características e as mellores virtudes da nova promoción poética. Ademáis de poeta, é filólogo e técnico en normalización lingüística, militante nacionalista e "soldado" do "Batallón Literario da Costa da Morte".
Páx. 22-24
Xavier Seoane Rivas é un profesor, licenciado en Filoloxía, colaborador de diversas revistas e xornais, pero ademáis é unha das figuras máis relevantes do panorama poético galego contemporáneo. Fálase da súa traxectoria literaria e inclúense extractos das súas principais obras.
Páx. 33-35
Castelao é, xunto con Risco e Otero Pedraio, un dos escritores decisivos na renovación e afianzamento definitivo, no primeiro cuartel do século XX, dun xénero literário, a prosa narrativa.
Páx. 35-37
Terceira entrega onde se analiza a obra de Castelao: Sempre en Galiza.
Páx. 36-37
Cuarta entrega onde no "Libro Primeiro" do Sempre en Galiza encerra ainda moitas máis referencias de índole ecoloxista que as citadas na anterior entrega.Tres afiches para louvar as fontes básicas da riqueza galega: a árbore, a vaca e o peixe.
Páx. 35-37
Proseguimos a nosa incursión polos textos de Castelao á procura de elementos relacionados coa natureza ou que amosen unha sensibilidade ecoloxista "avant la lettre". Nesta penúltima entrega detemo-nos no "Libro Segundo" e "Libro Terceiro" do Sempre en Galiza.