CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 50
Non é doado de atopar. A pesar da súa fermosa e viva cor laranxa pasa desapercibido polo seu pequeno tamaño e por mor das fumigacións masivas dos piñeirais contra a Thaumetopoea pytiocampa, máis coñecuda como a eiruga procesionaria do piñeiro. Cordyceps militaris é un fungo ascomicete con forma de maza ou misto (aínda que ás veces pódese ramificar un pouco), de cor vermello alaranxado, que mide de 2 a 5 cm e frutifica desde finais de outono a principios do inverno.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 52-54
O xénero Netorras (Russulas) comprende corpos frutíferos terrestres, carnosos sen anel nin volva, e raramente con veo. As rúsulas son fungos homoxéneos, é dicir, con trama contigua entre o sombreiro e o pé, e caracterízanse por ter a carne, en particular a do pé, tipicamente non fibrosa, senón ao contrario, máis ben xesosa, que rompe facilmente e do mesmo xeito que un xiz.
CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
A conservación dos bosques tamén pasa pola incorporación de novas plantas que sexan máis resistentes a determinadas patoloxías e que poidan multiplicar a súa produción ou incorporar novos froitos que incrementen o seu valor produtivo. A micorrización, como proceso fisiolóxico, é un traballo en equipo que ten por finalidade a axuda que se prestan mutuamente dous seres vivos, a planta e o fungo, nun medio que é o chan.
CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 44
Estes cogomelos primaverais xa eran ben coñecidos nasribeiras do Sil, onde os escaldaban antes de preparalos e tiraban a primeira auga xa que se se consumen crúas ou pouco cociñadas son tóxicas.Un dito que confirma esta cultura micolóxica no oriente ourensán é: “Orellos, cuncos e pantorras, escaldas para que non morras”. Xa de antigo sabían que a primeira auga destes cogomelos se debía tirar. A Helvella spadicea, a Helvella sulcata e a Helvella crispa coñécense popularmente como “orellos”; a Sarcosphaera coronaria, como “cuncos”; e as Morchellas, como “pantorras”.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 46
Entre os moitos cogomelos que se poden atopar en tempos de choivas nas terras de Valdeorras, O Bolo e Trives, destacan pola súa variedade e beleza, os Geastraceae. Son os coñecidos tamén como “Estreliñas da terra”. Non son comestíbeis, pero son dos máis raros e preciosos que se poden ver. O seu carpóforo está provisto de varias envolturas e ao abrir convértense en estrela.