Páx. 44-45
O obxectivo deste proxecto é traballar na escola sobre o territorio, para analizar os incendios forestais e o impacto humano no medio natural. Este proxecto pretende crear unha Rede de Grupos de Traballo que conforme un Observatorio do Territorio, no que se traballa a comunidade escolar, que se forma, informa, e relaciona a través de internet. Ademais a experiencia permite integrar a colaboración de grupos ecoloxistas e sociais. Trala convocatoria de xaneiro de 2007, participaron 40 centros e preto de 100 profesores e grupos de traballo en POLO MONTE.
Páx. 46-47
Alvarella foi unha casa tradicional galega situada nunha finca de aproximadamente 55.000 m², que lle da o seu nome, dedicada fundamentalmente á actividades agrícolas. Co paso do tempo esas labores fóronse abandonando e os propietarios buscaron unha alternativa para a conservación da casa e da finca. Hoxe Alvarella é un albergue turístico rural que desenvolve actividades e programas de educación ambiental.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 41 - 42
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA, vén de botar a andar un proxecto de educación e recuperación do patrimonio ambiental co nome de Aldea Verde. A iniciativa pretende crear un Centro de Educación Ambiental e de Patrimonio Cultural, constituíndo un espazo de achegamento ao mundo rural e as súas particularidades, atendendo á súa diversidade, tomando o Alto Ulloa como exemplo de rural e das súas posibilidades de futuro.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 47
Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá. Defínese como un programa de participación ambiental que pretende incorporar accións sinxelas e mudar hábitos para poder reducir o consumo de recursos no fogar. Fogares verdes é unha iniciativa de ADEGA que se desenvolve en colaboración co INEGA (Instituto Galego da Enerxía) e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel do Concello de Compostela.
Páx. 50 - 51
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela foi punto de encontro do 24 ao 27 de setembro para máis de 400 educadores ambientais, intelectuais e representantes do Estado español e de todos os países de lingua portuguesa con motivo da celebración do I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos en Galicia. O congreso foi organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza), coa colaboración da Universidade da Coruña e de Santiago de Compostela. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostíbel da Xunta de Galiza e a Axencia Española de Cooperación foron os principais promotores do evento.
Páx. 52 - 53
O Centro de Interpretación da Natureza de A Siradella está situado no cumio do monte A Siradella, o máis alto da península de O Grove (162m), ao Sur da Ría de Arousa. Aos seus pés, un mosaico de diferentes ecosistemas litorais conforman unha paisaxe litoral de extraordinaria beleza. De titularidade pública e vinculado á Consellería de Medio Ambiente, funciona dende 1994 como Centro de información, interpretación e educación ambiental do Espazo Natural Protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove¸ A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira.