Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 44 - Ríos: non...
Páx. 36-37
Nos fogares, lugares de estudo, traballo ou lecer, e calquera espazo que habitamos, empregamos enerxía sen reparar nela a maior parte das veces - ate que nos falta - sendo o seu uso pouco eficiente. Demandar unha produción eficiente, conter o gasto excesivo e un consumo responsábel serán algunhas cuestións a tratar neste artigo.
Páx. 38-39
Contan antigas e fermosas lendas das montañas, que aqueles que aman a terra, ben sexa os ríos, bosques, mares... ata o máis diminuto musgo e liquen, os que en vida aman a natureza, nunca morren. Cando teñen que partir deste mundo convértense en barqueiros dos neboeiros encargándose un e outro día de protexer aqueles lugares que un día tanto quixeron, e de convencernos a todos para que non lles fagamos máis dano. Esta é a historia dun daqueles barqueiros dos neboreiros, chamábanlle Matías.
Páx. 40-42
Poucas figuras como a de Lorenzo Varela, autor a quen se lle dedica hogano o Día das Letras, encarna de maneira tan viva e tráxica o drama existencial da intelectualidade galega e española que perdeu a guerra do 36 contra o fascismo e andou despois, durante longas décadas, polo camiños do transterro a lamber sen consolo tal ferida. Promotor de revistas, crítico de arte, xornalista e activista cultural, Varela escrebeu en castelán e, menos, en galego, unha obra fundamentalmente poética na que, como tentaremos por aquí de manifesto, non faltaron ecos e visión das paisaxes nativas e olladas amantes sobre a natureza e sobre algúns dos seus elementos.