Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 46 - Especial: A...
Páx. 9
Kerdudo, como vocal de protección animal de ADEGA, pon de manifesto as medidas existentes en canto á protección animal en Santiago de Compostela. Entre outros elementos, analízase o novo Refuxio Municipal -situado en Bando- e a Asociación de Protección Animal que traballará en paralelo ao Refuxio.
Páx. 14-15
Varios compañeiros/as de ADEGA están tamén encausados por denuncia da empresa, por intentar parar as obras de instalación da planta no LIC citado. En Outubro foron condenados polo xulgado de Mondoñedo ao pago dunha multa de case 1.000 euros por unha falta de coaccións e ao pago dunha indenización de até 12.630 euros. ADEGA recurriu a sentenza, ao tempo que novos feitos veñen arroupar ás teses ecoloxistas.
Páx. 16-17
Adela Figueroa, é presidenta de ADEGA desde o pasado mes de Novembro. Xunto con outras dúas mulleres, incorporouse á directiva desta asociación nunha asemblea extraordinaria na que se cubriron as vacantes xurdidas tras a demisión das persoas que desde o pasado mes de Marzo obstentaban eses cargos. A referida asemblea sucedeu a outra na que se debateu un Regulamento interno da Asociación, e no que se adoptou un réxime de imcompatibilidades para a Xunta Directiva de ADEGA. Ambas cuestións desencadearon unha polémica, tanto internamente como en determinados foros públicos, que acabou por centrarse arredor da independencia partidaria da Asociación e a democracia organizativa. Para sinalar iso, conversamos con Adela Figueroa.
Páx. 8
ADEGA -Ourense, ven traballando desde o 2005 en prol da protección do río Támega en contra do proxecto de ampliación do polígono industrial de Pazos (Verín), que afectaría a un dos mellores bosques fluviais da comarca de Monterrei. Gozando esta área, para máis inri, da protección oficial outorgada pola Rede Natura 2000, denominada a zona coma LIC Río Támega.
Páx. 18-19
Analízase o ecoloxismo nos medios mediante o uso de Radio Cerna, o espazo radiofónico promovido por ADEGA. Nesta colaboran 18 radios na difusión do proxecto ecoloxista, así coma a Deputación da Coruña que se sumou nos últimos tempos. "Radio Cerna" funciona coma unha produtora radiofónica que se sostén na elaboración de produtos -programas- de contidos fundamentalmente medioambientais e ecoloxistas, pero tamén de til cultural e didáctica. A día de hoxe emítese nas emisoras municipais e locais de toda Galiza, posuíndo gran aceptación entre as oíntes.
Páx. 20
En Decembro de 1997 asinábase o chamado protocolo de Quioto no que os países industrializados se comprometían a reducir, durante o período 2008-2012, as emisións de gases de efecto invernadoiro 1 nun 5,2% por debaixo do nivel alcanzado en 1990. Coa ratificación en Novembro de 2004 do Protocolo por parte de Rusia, este entra en vigor 90 días despois, en Febreiro de 2005. Observando o panorama actual, cunhas taxas moi superiores de contaminación esperadas, cómpre dar resposta á necesidade de xerar obxectivos drásticos e urxentes. Presionar á administración e á opinión pública.