Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 50 - CERNA x 50,...

Inverno 2006

CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios

Artigos da revista CERNA Nº 50

Roteiro polo Courel

Redacción

Páx. 8 - 9

ADEGA continua coa súa campaña mediática en defensa do Courel. Máis de cen persoas acudiron o 29 de outubro de2006 á chamada para visitar e gozar dunha xornada que amenceu luminosa e en que as nosas montañas lucían en toda a súa dignidade. Este roteiro pensouse para dar a coñecer a excepcionalidade ambiental do Courel, que vai desde a xeoloxía á biodiversidade. No Courel encóntrase concentrada a maior variedade de rochas e de especies de toda Galiza. Un valor ambiental desta categoría non pode ser destruído en aras dunha economía baseada en industrias extractivas de curtas miras e que non teñen en conta a perdurabilidade do desenvolvemento e que van deixar tras de si apenas a destrución e a pobreza.

Debate sobre as estratexias de conservación do lobo en Galiza. Belén Rodríguez

Belén Rodríguez

Páx. 12 - 13

O pasado 30 de setembro e coincidindo co período de exposición pública do Plano de Xestión do Lobo en Galiza, Adega reuniu a ecoloxistas e estudosos galegos sobre o lobo no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), nas instalación do CEIDA, para discutir os contidos do devandito Plano impulsado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente.

Terra, mar e identidade. Reflexión sobre a situación ambiental de Galiza

Suso de Toro

Páx. 12 – 13

Intervención do escritor Suso de Toro na inauguración das xornadas sobre os Incendios en Galiza, organizados por ADEGA o 20 e 21 de outubro de 2006, en Santiago de Compostela. Na súa intervención fala sobre a evolución do rural en Galiza, na que se pasou de posuír cada recuncho da xeografía a abandonalo case por completo, analizou tamén algunhas das consecuencias que isto trouxo para o monte galego.

Un pobo taxidermista. Reflexión sobre a situación ambiental de Galiza

Rosa Aneiros

Páx. 14 – 15

Pois, si, decidín aboiar. Levaba un tempo eu mergullada nas augas poderosas do Atlántico. Deixeime levar pola Corrente do Golfo e andei á deriva das mareas contemplando, horrorizada, a morte de ducias de baleas en Nova Zelanda, a desaparición de bancos pesqueiros na Terranova, o desxeo e consecuente morte de osos polares, a práctica desaparición do polbo e do ourizo nas rías, os sentinazos en alta mar e mais lembrando a ameaza do cemiterio nuclear na foxa atlántica. No fondo do mar, cada vez hai máis cascallos e menos vida, talvez por iso, non logro abandonar dende hai tempo a idea do ecocidio. Pero, xa saben, ao aboiar e deixar atrás a densidade maxestosa da auga salgada, a ollada da ribeira non resulta moito máis optimista.

Queremos parar a desfeita. Reflexión sobre a situación ambiental de Galiza

Adela Figueroa

Páx. 16 -17

Neste artigo, Adela Figueroa, fai un resumo dos problemas ambientais que se foron sucedendo no 2006 en Galiza. Da conta das vitorias logradas durante este ano, como a aprobación da primeira Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos ríos galegos, así como das loitas que seguen abertas pola defensa do medio ambiente en Galiza, como as canteiras ilegais. Tamén pon en valor o labor do voluntariado para a defensa do monte galego e a apertura do novo goberno cara ós temas medio ambientais.

Continuidade ou cambio? Reflexión sobre a situación ambiental de Galiza

Celestino Quintela Sabarís

Páx. 18 – 19

Celestino Quintela Sabarís é coordinador xeral da FEG. Neste artigo, Celestino fai unha reflexión sobre a situación ambiental de Galiza co cambio de goberno. Apunta a que este cambio trouxo consigo unha maior permeabilidade cara as demandas sociais e un maior compromiso co medio ambiente por parte do goberno, pero aínda así queda moito traballo e moita planificación por facer para acadar a sustentabilidade ecolóxica que se pretende desde ADEGA e a FEG.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal