Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 91 - Transición...

Verán 2024

CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta

Artigos da revista CERNA Nº 91

Recursos

Ramsés Pérez

Páx. 4

Transición ecosocial xusta versus falsas solucións

Yayo Herrero

Páx. 5-8

Atravesamos unha profunda crise ecosocial. As diferentes dimensións desta crise están interconectadas entre si e apuntan a un conflito estrutural entre o capital e a vida. É urxente acometer importantes transformacións que, desde a perspectiva ecofeminista, deben ter como prioridade a garantía de vidas dignas para todas as persoas nun contexto de inevitable contracción material marcado pola incerteza. É crucial poder distinguir entre as propostas e prácticas que poñen a vida no centro e as que se converten en falsas solucións e máis ben agravan os problemas.

Plataforma Ulloa Viva: sine die nas portelas da esperanza

Xosé de Cea

Páx. 9-11

Antes de mergullármonos nas orixes da oposición cidadá ao proxecto de construción dunha macrocelulosa impulsadopola pasteira lusa Altri en Palas de Rei, pido licenza para nomear a bisbarra afectada como Terra do Medio,topónimo acuñado polo escritor aqualatense e melidao Xosé Vázquez Pintor para referirse, xustamente, a esacerna xeográfica da Galiza que constitúen “A Ulloa, Terra de Melide, Tabeirós, O Deza... Eran ferrados de labradíoe monte manso; arcas de centeo, cabaceiros de millo, parroquias de subministración, casas paridoras con nome eapelidos que se daban á fuxida cando a fame era moita e a noite longa, sine die nas portelas da esperanza. Somosda Terra do Medio”.

O proxecto GAMA de Altri: unha boa gama de agresións e impactos ambientais

Fins Eirexas

Páx. 12-15

Neste artigo recóllense os múltiples impactos ambientais do proxecto de macrocelulosa que Altri (Greenfiber) proxecta en Palas de Rei; tanto sobre a bacía hidrográfica e na calidade das augas do río Ulla, como na calidade do ar e sobre a Rede Natura 2000 e as especies ameazadas.

Galiza clama contra Altri

Redacción Cerna

Páx. 16-17

O clamor social contra a macrocelulosa que Greenfiber (Altri e Greenalia) pretende instalar en Palas de Rei, nocorazón de Galiza, é incuestionable. Unha manifestación histórica convocada pola Plataforma Ulloa Viva percorreuas rúas de Palas o pasado domingo, 26 de maio, en defensa do territorio fronte ás industrias depredadorase insustentables. Un mes despois, o 30 de xuño, Galiza volveu mobilizarse dende toda a súa xeografía ante achamada da Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa para arrodear a sede da Xuntade Galiza en Santiago de Compostela baixo un berro colectivo: "Altri non!". Estas dúas xornadas son xa fitos que perdurarán na memoria da loita ecoloxista galega. Velaquí unha selección de imaxes de ambas as mobilizaciónsconvocadas ata a data en que se escribe isto. Desde a Ulloa ata a ría, auga e aire son vida!

O traballo social con enfoque ecosocial: un aliado para unha transición xusta

Francisco-Xabier Aguiar Fernández

Páx. 18-19

Estamos vivindo un momento histórico cunha crise multidimensional de civilización sen precedentes que ameazaa existencia da vida do planeta, e que pon en evidencia a intersección entre os aspectos ambientais, económicose sociais da sustentabilidade, ou entre a xustiza social e ambiental. Isto interpela con carácter urxente o traballosocial hexemónico a desenvolver un enfoque ecosocial con perspectiva crítica e politizada en todos os seus niveise ámbitos, e a potenciar a participación e a visibilidade das prácticas ecosociais como un ámbito profesionalemerxente. Para iso, necesítase tamén construír alianzas con organizacións, movementos e colectivos que sebaseen en prácticas comunitarias e de activismo ecoloxista.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal