Se compartes o mesmo compromiso ca nós e queres contribuír á difusión da única revista galega especializada en información ambiental, converterte en entidade colaboradora e INSERTA O TEU ANUNCIO en CERNA, na edición dixital, na edición impresa ou en ambas as dúas. Completa e envía o seguinte formulario para que che enviemos as nosas tarifas.
Ten en conta que:
CERNA é a única revista divulgativa sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. Edítase trimestralmente desde 1993 en lingua galega e non ten ánimo de lucro. Está promovida e editada por ADEGA, a entidade ecoloxista máis senlleira do país.
O público de CERNA está comprometido coa natureza e coa cultura galega e é adoita ser afín cos movementos ecoloxistas e de xustiza social.
A edición en papel de CERNA é ANUAL. Ten uns 1.500 subscritores/as. Envíase a todos os socios e socias de ADEGA e distribúese por librerías, centros de ensino, bibliotecas públicas e universitarias, colectivos sociais e ambientalistas e nas 14 delegacións de ADEGA. A tirada é de 2.500 exemplares.
A edición dixital de CERNA actualízase continuamente e os seus contidos publícanse en 3 números dixitais ao ano.
Os ingresos recadados por publicidade destínanse na súa integridade á edición e distribución da revista.
As entidades colaboradoras de CERNA:
Os campos marcados con * son obrigatorios