CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 16-18
O pasado 21 de Febreiro o Parlamento de Galiza aprobou a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos, avalada por perto de 40.000 asinantes das galegas. Obtivo 38 votos a favor dso grupos políticos que rexentan o goberno, PSOE E BNG, e 35 votos en contra dos deputados do PP.Despois de case un ano desde que se puxera en marcha a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos Ríos pola Comisión promotora, formada por máis de 30 colectivos entre ecoloxistas, sindicatos, formacións políticas e empresariais, a ILP é aprobada polo Parlamento.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 20
Na actualidade o sector apícola galego está á sufrir unha forte crise, as abellas desaparecen sen deixar rastro; desde 1998, uns 200 abelleiros deixan ás abellas cada ano. A Asociación Galega de Apicultura (AGA), baixou de 1.400 socias no 1998 a algo menos de mil nestes último tempos. Despois de diferentes estudos noutras partes do mundo, consideramos que na Galiza, a causa desta desfeita é a mesma: o uso incontrolado de pesticidas.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 22-23
Henri Clement, é presidente da Unión Nacional de Apicultura Francesa (UNAF). O pasado día 4 de Febreiro, Día da Apicultura, pronunciouse en Santiago de Compostela nunha conferencia sobre pesticidas e apicultura en Francia, organizada como cada ano pola Asociación Galega de Apicultura (AGA). Velaquí un resumo da súa palestra.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 24-25
As persoas apicultoras de Ferrolterra foron das primeiras en padecer o problema de desaparición das abellas. A causa aparente podémoslla achacar á grande diseminación da poboación rural, cos seus correpondentes hortos e explotacións de froiteiras, todas elas moi modernizadas e supostamente ben tratadas.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 28-29
No pasado número de CERNA, o profesor Xabier Simón aporta unha serie de interesantes apreciacións sobre o significado e os resultados obtidos para a nosa pegada ecolóxica (PE). Baixo o noso punto de vista, a primeira cuestión salientable é que, en xeral, tódolos cálculos que se teñen feito da pegada ecolóxica galega son optimistas. Analizamos neste artigo os números que nos afectan directamente, afondando , na medida do posible, sobre os mesmos.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 30-32
O uso da enerxía é a principal causa de deterioramento ambiental a escala global e marcadamente na Galzia e a industria galega destaca polo seu elevado consumo de enerxía e produción de importantes cantidades de contaminantes. O consumo de enerxía aumentou fortemente nos últimos anos e, como consecuencia, tamén aumentaron as emisións contaminantes e a xeración de residuos e outros impactos ambientais.