CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 44-45
Xa dicía Álvaro Cunqueiro que os galegos e chineses só amosan interese por aqueles animais que teñen valor culinario e esta aptitude trouxo, até o de agora, consecuencias nefastas para algunhas criaturas da nosa fauna. Este é o caso do sapo, ao cal se lle fai xustiza neste artigo de Xosé Salvadores . No apartado de Flora, estudaremos a “Milfollas”, herba que tamén adopta “mil nomes”, como comprobamos neste artigo de Marta Miguens.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 46
Entre os moitos cogomelos que se poden atopar en tempos de choivas nas terras de Valdeorras, O Bolo e Trives, destacan pola súa variedade e beleza, os Geastraceae. Son os coñecidos tamén como “Estreliñas da terra”. Non son comestíbeis, pero son dos máis raros e preciosos que se poden ver. O seu carpóforo está provisto de varias envolturas e ao abrir convértense en estrela.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 21-22
As actividades de monitorización dos mamíferos mariños levadas a cabo durante os últimos vinte anos en Galiza pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), evidencian o grande impacto negativo que está a provocar a contaminación mariña sobre estas especies, localizándose desde animais mortos por inxestión de plásticos, petróleo e outros residuos, até exemplares que lograron sobrevivir con restos de vellas artes de pesca enganchadas aos seus corpos. A ocupación das zonas costeiras como lugares de asentamento da poboación e as diferentes actividades humanas que se realizan nelas aumentaron a chegada de vertidos e residuos ao mar. Estes poden provocar un grave impacto sobre os ecosistemas e as especies mariñas, chegando algunhas delas a estar ameazadas por esa causa. O mar leva agochando no seu interior durante moitos anos, como se fose unha alfombra xigante, unha enorme cantidade de lixo.
CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 9
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as as nosas recomendacións desta edición.