CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 16-17
Na mariña luguesa, como no resto das comarcas galegas, contamos cun importante e rico patrimonio cultural. Lamentabelmente observamos como día a día este patrimonio se vai destruíndo impunemente en toda Galiza e dunha maneira especialmente grave nas zonas costeiras. A praga dos paseos marítimos, o urbanismos salvaxe, infraestructuras, parques eólicos e a industria do eucalipto, coa conseguinte apertura de novas pistas nos montes e a utilización de maquinaria pesada para a tala e repoboación, son os principais responsábeis das constantes agresións que sofre o noso patrimonio natural, paisaxístico e cultural. Como consecuencia de todo isto, Galiza conta con numerosas asociacións cuxo obxectivo primordial é a protección deste vizoso patrimonio cultural, e unha delas é Mariñapatrimonio.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 18-19
Galiza é unha paisaxe humanizada que as galegas e os galegos modelaron e xestionaron durante séculos. Porén, nos últimos anos, a xestión do territorio e nomeadamente dos espazos naturais protexidos foron deixadas case exclusivamente nas mans da Administración, cuns resultados moi discutíbeis. Neste artigo presentamos a custodia do territorio, un crecente movemento de conservación que de maneira participativa e desde a sociedade civil ofrece unha nova posibilidade de xestión e con grandes posibilidades.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 20-21
Con motivo da realización do I Encontro galego de Custodia do Territorio e da recollida das fichas coas iniciativas de custodia das entidades participantes, elaboramos un primeiro inventariado galego de iniciativas de custodia que resume a situación desta figura de conservación do territorio de Galiza. Neste artigo presentamos algúns aspectos destacados deste traballo. O obxectivo do inventario é facilitar a difusión do concepto, as experiencias existentes, e servir de manual para aquelas persoas e entidades que queiran iniciarse na custodia
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 22-23
Tivo lugar os pasados 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela. Organizado por ADEGA e coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio, tratou de acoller a todas as entidades de custodia que están a desenvolver proxectos en Galiza baixo esta forma de participación social na conservación do medio natural para intercambiar experiencias e dar un primeiro chanzo na creación dunha Rede galega de Custodia do Territorio. Os obxectivos, entre outros, son poder obter unha presenza representativa dos proxectos galegos de custodia nos foros estatais e acadar unha idea mais aproximada da incidencia da custodia no país galego. No encontro, unha vintena de entidades deron a coñecer preto de 30 proxectos.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 24-25
Amaya Sanchez é asistenta técnica da Fundación Biodiversidade no proxecto “Plataforma de custodia do territorio”. Cita: “Na protección da natureza non abonda co traballo da administración pública”
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 27
A Asemblea xeral das Naciones Unidas declarou o 2012 como ano internacional da Enerxía Sustentábel, como forma de compromiso contra o cambio climático e o deterioro ambiental do planeta. A nivel estatal, aprobouse recentemente o Plan de Acción Nacional de las Energías Renovables (PANER) 2011-2020, que prevé que a porcentaxe de enerxía de orixe renovábel na enerxía primaria pase do 10,7% en 2010 até o 17,8% en 2020. Este desenvolvemento centraríase na producción de electricidade (eólica, fotovoltaica, hidroeléctrica, biomasa...) e, en menor medida, no aproveitamento térmico (soltar térmica, xeotérmica, biomasa...).