CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 50
A Ruta da Pedra e da Auga transcorre polas marxes do río Armenteira, afluente do Umia, no treito comprendido entre o lugar de Barrantes, no concello de Ribadumia, e o Mosteiro de Armenteira, no concello de Meis. En total son 6,5 quilómetros ás beiras do río nos que podemos observar a vexetación propia de ribeira, con árbores autóctonas (salgueiros, carballos, ameneiros, sobreiras carballos...)e unha grande variedade de elementos etnográficos como muíños, pontes, petróglifos, fontes, lavadoiros. Sen dúbida, destaca nestas marxes a ringleira de 53 muíños, en distintas fases de conservación, que acompañan as augas río abaixo. Non é estraño, pois, que este percorrido reciba o nome da “Ruta da Pedra e da Auga”: a “Pedra” polas ducias de construcións etnográficas que acompañan o efluente e a “Auga” que procede dunha grande cantidade de ríos e regatos que atravesan a comarca do Salnés.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 9
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambienteCerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinteenderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 10-11
O proxecto de cultivo de salmón atlántico no interior da ría de Muros e Noia pola empresa noruega North West Food está na súa fase experimental, coa que pretende avaliar a instalación dun futuro macroproxecto de 20 gaiolas de cultivo intensivo para producir 5.000 toneladas desta especie ao ano. Arestora xa está a funcionar a primeira das dúas gaiolas experimentais previstas nas rías de Muros e Noia. Técnicos das cofradías afectadas (Muros, Noia, Portosín e Porto do Son), biólogos mariños e membros de organizacións ecoloxistas elaboraron un informe sobre os potenciais efectos negativos do proxecto. Un dos biólogos mariños que participou no estudo foi Alberto de Coo
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 12-13
A análise da composición do capital social das empresas eólicas adxudicatarias pon de manifesto a existencia dunha rede que as une. Os grupos empresariais da familia Entrecanales, Iberdrola – ACS, Gas Natural – Unión Fenosa, e EDP teñen a propiedade da meirande parte da potencia eólica instalada en Galiza.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 14-15
A producción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da forza do vento pasou de ser algo case anecdótico a converterse nunha actividade de grande importancia no noso país nun período moi curto de tempo. Desde o ano 1995 até a actualidade téñense instalado preto de 150 parques eólicos nos cumios dos nosos montes, localizados nun medio rural galego que conta con múltiples problemas. Baixo este contexto, o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo e a Fundación Juana de Vega poñen en marcha un convenio de colaboración mediante o cal se pretende prestar apoio aos propietarios de terreos eólicos para mellorar os resultados dos procesos de negociación coas empresas promotoras de parques eólicos.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 16-19
A conservación da biodiversidade é un dos maiores retos da nosa sociedade, non podemos permitirnos perder millóns de anos de historia evolutiva das especies e dos sistemas vivos do planeta, xa que de todo isto depende a nosa propia supervivencia. Os ambientes fluviais e mariños caracterizan grande parte da paisaxe galega e polo tanto albergan un amplo rango da diversidade do noso entorno. Un dos grupos animais máis diversos son os moluscos, que superan en número de especies aos mamíferos, aves, reptiles, anfibios e peixes. Nos ambientes mariños moitas das especies de bivalvos están máis integradas no noso coñecemento debido ao aproveitamento secular que existe sobre elas (ameixas, mexillóns, ostras, navallas...). Porén, as especies de mexillóns de auga doce son das máis descoñecidas da nosa fauna, a pesar de ser un dos grupos animais máis ameazados a nivel mundia