CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 5-8
O quecemento global e episodios imprevisibles como a pandemia fan que os territorios persigan a autonomía alimentaria que lles garanta o aprovisionamento de produtos básicos de consumo humano. O artigo amosa a extrema debilidade de Galicia no capítulo esencial dos alimentos frescos debido ao abandono do agro nas últimas décadas, nun nivel sen parangón en Europa. A política de inzar o rural galego de eucaliptos provocou, ademais de gravísimos efectos perniciosos de diversa caste, o declive das árbores de froito comestible e da superficie agraria ata valores mínimos. Resulta imprescindible reverter o proceso de forma urxente.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 9-12
Os eucaliptos, principalmente a especie Eucalyptus globulus Labill., experimentaron unha rapidísima expansión en Galicia desde a segunda metade do século XX, pasando de estar practicamente ausentes ata 1940 a ocupar a comezos do século XXI 433.916 hectáreas entre masas puras e mixtas, debido ás plantacións que proliferaron ao abeiro da industria papeleira, madeireira e, máis recentemente, bioenerxética. Este dato provén do IV Inventario Forestal Nacional do ano 2009, agardándose unha extensión moito maior na actualidade. Con motivo da aprobación do novo Plan Forestal de Galicia (2021-2040), que substitúe ao seu predecesor do ano 1992, no presente artigo revísanse os impactos ecolóxicos asociados á principal formación arborada do país.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 13-15
O actual de presidente de ADEGA fai un repaso polos principais temas de interese ambiental da Galiza e marca o posicionamento e eidos de traballo da organización.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 16-17
Está a ser estudado a incorporação do delito de ecocídio para a legislação internacional, no quadro do tratado de Roma. Junto com os delitos de Genocídio, Crime de guerra, Lesa humanidade e Crime de agressão. Define-se delito de ecocídio a aquele que atente à destruição extensa ou a perda de ecossistemas num território concreto, deliberada e massiva. Por meios humanos ou outras causas. Que ameace severamente a vida dos habitantes desta zona. É importante que existam referentes legais. Os seres humanos vão assim construindo suas normas de convívio e sua ética de comportamento.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 18-22
Proxecto Biovalvo, desenvolvido polo Grupo de Construción da Universidade da Coruña (UDC) e coa participación de diversas empresas, incluíu entre os seus obxectivos a aplicación das cunchas de mexillón como biomaterial de construción para o seu uso en diferentes aplicacións, sexa como áridos para a fabricación de formigóns en masa ou para morteiros de revestimento, sexa como material de recheo solto para illamento térmico e acústico. Este artigo amosa un breve resumo da investigación levada a cabo, xa defendida como tese de doutoramento na UDC. Conclúese que é viable e de grande interese utilizar a cuncha de mexillón nestas aplicacións, podendo substituír entre o 12 e o 50% dos áridos convencionais en formigóns e morteiros e completamente no caso dun material illante.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 23-26
roxecto ZOSTECO “Conservación das pradarías de Zostera no noroeste da Península Ibérica: unha investigación baseada na cartografía participativa de usos e servizos ecosistémicos” xurdiu coa vontade de combinar o coñecemento académico e o tradicional e así dar resposta á necesidade de conciliar a preservación dos hábitats da Enseada de San Simón coas diferentes actividades humanas que se desenvolven na área de estudo.