Inicio / Números anteriores / O caos de barreiros: visto para sentenza
CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 30-31
O pasado 14 de novembro quedaba visto para sentenza o xuízo penal contra o Alcalde do Concello de Barreiros (PP) e demais membros do equipo de goberno e contra a Arquitecta Municipal, por un presunto delito de prevaricación urbanística. Todo comezou en xaneiro do 2006 cunha Comisión de Goberno Municipal que veu outorgando licenzas urbanísticas en base a unhas obsoletas normas subsidiarias do ano 1994, a pesar das advertencias da Consellería e da Dirección Xeral de Urbanismo sobre a entrada en vigor da Lei do Solo de Galicia, entón vixente.