Inicio / Números anteriores / ILP: Unha nova lei para salvar os nosos bosques
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 5-6
A pesar da importancia da superficie de monte en Galiza, por volta dos 2/3 do total do territorio, as políticas sectoriais non conseguiron compatibilizar os aspectos produtivos do monte coa conservación dos hábitats naturais, particularmente dos bosques autóctonos, historicamente degradados e cada día máis diminuídos. Un proceso que acompaña o deterioro de servizos ecosistémicos, tais como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo, ou a calidade paisaxística. A todo isto súmase a eucaliptización (xa máisde 500.000 ha en 2016 de E. globulus), a introdución dunha nova especie, o E. Nitens, con aptitude para colonizar toda a Galiza interior, o despoboamento rural inducido ou potenciado, a praga recorrente dos incendios forestais, e o desafío do cambio climático. É por isto que desde “Cousa de Raíces” vimos de promover esta Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).