ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Libros / Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas

Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas

Calros Solla

Ficha técnica

  • Editorial: Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, Verbo Xido e ADEGA
  • ISBN: 978-84-612-7649-3
  • Idioma: Galego
  • Páxinas: 168
  • Prezo: 5 €; para socias/os 4 €

Este libro é unha especie de atlas de xeografía mítica de Terra de Montes, que reedita e amplía o volume “Reivindicación da Montaña Máxica”, publicado en 2007. Con deseño e maquetación de Trisquelia, combina ilustracións, fotografías a cor e un mapa de oito rotas que localiza as trinta estacións míticas de O Seixo. É unha grande ferramenta de acompañamento para aquelas persoas interesadas en descubrir a pé a singularidade material e inmaterial do monte Seixo, mesmo aqueles túneles míticos que comunican o Castro Grande con Pozo Sanguento, ou Fontefría co monte de Costoia. Na descrición do camiño non falta detalle do mundo máxico da montaña, desde a cidade de Trentinán, ata o Marco do Vento ou Portalén.

Tampouco se esquece Calros Solla de facer unha crítica aos danos causados neste monte máxico polo parque eólico instalado alí no ano 2000.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal