ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Xornadas / XORNADAS DE ECONOMÍA SOSTIBLE

XORNADAS DE ECONOMÍA SOSTIBLE

Público das xornadas

Foron unha conferencia e unha mesa redonda nas que se trataron diversos aspectos sobre a relación entre a Economía e o medio ambiente e as novas formas de xestión que se están a promover na dirección da sostibilidade. En concreto, expuxéronse algunhas posibles solucións á problemática suba dos prezos da enerxía e tamén se deron alternativas á actual “lei da selva económica” coa presentación dunha novedosa iniciativa chamada a “Economía do Ben Común”.

Na primeira sesión (17 de xaneiro) presentouse un novo paradigma económico, xurdido en Austria da man de 20 empresarios, chamado a "Economía do Ben Común".








Na mesa redonda da segunda sesión (24 xaneiro) das xornadas, houbo unha mesa redonda na que participaron:

-Adrián Dios, autor dunha tese sobre o sistema eléctrico;
-Verónica Paz, voceira da asociación de consumidores ADICAE;
-Pablo Álvarez, presidente da cooperativa verde de consumo enerxético,  “A Nosa Enerxía”.

As súas intervencións e as do público asistente foron moderadas por Manuel Soto, profesor da Universidade da Coruña e membro de ADEGA, co obxectivo de tentar comprender o actual panorama enerxético e atopar solucións.



Ligazóns

Descargas

Vídeos

Audios

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal