ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Material divulgativo / Fogares Verdes

Manual Fogares Verdes

Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios. Este manual explica de forma sinxela como aforrar auga e enerxía na vida cotiá, incorporando acción e hábitos simples para reducir o consumo de recursos.

Descargar

Por un nadal máis verde

Manual que pretende facer una chamada de atención sobre as festas do consumismo por excelencia. Consumo de enerxía, xeración inxente de residuos ou depredación sobre o medio natural son algunhas das consecuencias dunha celebración que nun tempo foi sinónimo de recollemento e convivencia familiar. Preséntanse algunhas ideas e propostas para superar estas festas sen caer no desbaldimento de recursos naturais e, ao tempo, gozar das mesmas sen présas nin estres.

Descargar

Receita para elaboración de pasta de dentes natural

Aquí atoparás unha receita de cosmética natural. Elabora a túa propia pasta de dentes na casa. É moi sinxelo! Tamén podes ver o obradorio por vídeo: https://youtu.be/P9QoXdRhMnA

Descargar

Receita Como facer plastilina natural na casa

Aprendemos a facer plastilina na casa sen tóxicos e xogando, naturalmente!

Descargar

Receita como facer engrudo ou pegamento natural

Nesta ficha de actividade atoparás a fórmular para facer engrudo ou pegamento natural.

Descargar

Eco-idea para o aforro de auga

A auga é un recurso finito polo que debemos ser moi responsábeis á hora de consumila. Se queres facer un consumo máis responsábel e eficiente da auga, propoñémosche esta actividade ou Eco-idea de ADEGA.

Descargar

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal