ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Material divulgativo / Compostaxe caseira

Compostaxe caseira

Compostaxe nos centros de ensino: caderno de compostaxe

No 2014 comezamos un proxecto co concello de Carballo para implantar a compostaxe nos centros de ensino e no horto comunitario, dentro de este proxecto elaboramos un caderno de actividades. Este caderno contén unha serie de actividades prácticas para realizar no centro, a través das cales o alumnado aprenderá nocións básicas sobre o compost e o seu proceso de formación. Así mesmo, proponse levar a cabo un proxecto que implique a todo o centro escolar para compostar todos os residuos orgánicos producidos. Máis información: 981 57 00 99 ou no correo electrónico compostaxe@adega.gal

Descargar

Compostaxe en 6 pasos

A compostaxe é un proceso natural no que interveñen numerosos organismos vivos que transforman os restos de comida, da horta ou do xardín nun produto chamado compost, un fertilizante rico en substancias minerais e nutrientes, beneficioso para o crecemento vexetal. Con este tríptico podedes coñecer como facer compost nas vosas casas en 6 pasos dun xeito moi sinxelo

Descargar

Manual de compostaxe

A equipa de educación ambiental de ADEGA elabora un novo manual de compostaxe caseira co obxectivo de divulgar as vantaxes da compostaxe e promover o aproveitamento da fracción orgánica dos residuos. Máis da metade de residuos que producimos en Galiza a diario son materia orgánica que non ten por que rematar en vertedoiros ou incineradoras, producindo unha forte contaminación e desbaldimento de recursos. Os restos orgánicos ben xestionados poden ser enteiramente reciclados mediante a compostaxe, deste xeito os restos de comida, hortalizas, restos de podas… podemos convertelos en compost, un fertilizante de calidade para a terra. Os contidos principais deste manual son a elaboración do compost na propia vivenda, instalación e coidados do composteiro e usos do compost. Nesta edición do manual de compostaxe caseira contamos coa colaboración do Dpto de enxeñaría química da UDC que nos proporcionan datos experimentais sobre a calidade do compost no ámbito doméstico e o seguimento experimental nun composteiro. Os deseños son de Federico Fernández.

Descargar

10 + 1 : Dez anos de compostaxe caseira e un ano de compostaxe comunitaria

Con este póster, ADEGA participou na área temática agroecoloxía e coñecemento tradicional do IV Congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica, celebrado na universidade de vigo o 21,22 e 23 de xuño de 2012. A temática deste ano do congreso foi iniciativas agroecolóxicas innovadoras para a transformación dos espazos rurais. A autora foi María Rodríguez Lafuente.

Descargar

Coñeces as posibilidades da compostaxe?

Neste dossier podes coñecer as posibilidades da compostaxe doméstica e comunitaria na casa, nos centros educativos, nas hortas urbanas, na hostalaría, etc., e as súas vantaxes sociais, económicas e ambientais. Apostar pola compostaxe é a mellor opción para o tratamento dos residuos orgánicos

Descargar

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal