ADEGA Cadernos

Buscador

Formulario de busca

Macroinvertebrados dos ríos galegos biodiversidade e valor de conservación

Marcos A. González e Fernando Cobo Gradín

Caderno nº 14 - Os ríos galegos (I): Calidade e biodiversidade

Páx. 31 - 36

Neste artígo falaremos sobre macroinvertebrados das augas doces galegas que está conformados en preto de 140 familias que inclúen unhas 1314 especies, dos cales a maior parte son insectos acuáticos. Ademais disto estimamos que existen outras 700 especies das que non dispomos de ningún tipo de información. Pero pola contra sabemos que aproximadamente unhas 200 especies que poboan as nosas augas serían endemismos ibérico. Soamente o 25% dos grupos faunísticos do bentos fluvial son coñecidos e foron estudados por especialistas.

Réptiles, aves e mamíferos dos ríos galegos

Xesús Santamarina Fernández

Caderno nº 14 - Os ríos galegos (I): Calidade e biodiversidade

Páx. 37 - 41

O bosque ripario permitiu en moitas zonas a conservación da vexetación caducifolia autóctona constituíndo un refuxio moi importante para numerosas especies de fauna. Entre as especies que dependen na súa alimentación dos invertebrados bentónicos destacan o merlo rieiro, a aguaneira, a lavandeira real e tamén o musgaño de Cabrera e o patibranco.Algunhas especies de réptiles, aves e mamíferos aliméntanse doutros vertebrados. Entres eles destaca a cóbrega sapeira, o sapoconcho, o picapeixe, a garza real, o corvo mariño grande e a lontra. Falaremos disto durante o artigo.

Declive dos anfibios nos ríos galegos

Ricardo Ferreiro Sanjurjo

Caderno nº 14 - Os ríos galegos (I): Calidade e biodiversidade

Páx. 43 - 53

Os anfibios son considerados tradicionalmente animais pouco atractivos e inclusorepulsivos. Desgraciadamente as estratexias de conservación da natureza teñenestado (e continúan estando) demasiado influenciadas pola estética humana e sórecentemente, especialmente tras a celebración do convenio sobre biodiversidadecelebrado en Rio de Janeiro en 1992, comézase a comprender a importancia da preservación de todos os elementos que constitúen a biodiversidade.Os anfibios están a sufrir un declive en todo o planeta. Debido ao carácter universaldesta ameaza, máis que centrármonos unicamente no estado das poboaciónsgalegas de anfibios creo necesario considerar o que está a acontecer a nivel global eachegármonos dende esta perspectiva a situación en Galiza.

Especies exóticas invasoras dos ríos galegos

Xurxo Mouriño

Caderno nº 14 - Os ríos galegos (I): Calidade e biodiversidade

Páx. 55 - 66

Nos últimos tempos escoitamos falar cada vez máis a cotío das especies exóticas invasoras e da problemática ecolóxica que xeran. Como é infelizmente habitual neste país, resulta común que se mesturen conceptos e que a mensaxe que chega á opinión pública sexa confusa e chea de erros ou tópicos, cuestións que procurarei resolver ao longo do presente artigo. Desta maneira, antes de afondar en cales son as principais especies exóticas e invasoras dos ríos galegos, na súa procedencia, caracterización ecolóxica e problemática que ocasionan, comezaremos repasando cuestións xerais e básicas acerca da ecoloxía das invasións biolóxicas, fundamentais para interpretar e valorar correctamente o alcance da problemática.

A Estratexia Galega de Educación Ambiental: papel mollado

Ramsés Pérez Rodríguez e Manuel Soto Castiñeira

Caderno nº 13 - Educación Ambiental en Galiza

Páx. 3 - 6

A EGEA foi considerada no seu momento como un fito na educación ambiental (E.A. en diante) en Galiza dende diversos ámbitos sociais, que se viron ilusionados polos interese propagandísticos da Xunta. ADEGA fíxolle xa daquela varias críticas ao documento aprobado entre as que destacamos as seguintes;- A exclusión de ADEGA da mesa de negociación e as presas por aprobar un documento, pola única razón de ser presentado como a primeira estratexia de EA do Estado.- A falta de compromisos concretos por parte da Consellería naconsolidación da EA.- A concepción dunha educación ambiental claramente mercantilista, pola recomendación ás asociacións para que acudan a empresas e fundacións de carácter privado para acadar financiamento, prescindindo de calquera liña de axudas procedente do sector público.- A concepción dunha EA como fin en si mesma, en lugar de considerala como unha ferramenta dos planos de xestión ambiental, esquecéndose da retroalimentación que os contidos e obxectivos destes planos deben ter sobre a EA.

Tres anos da EGEA: valoración e propostas da Sociedade Galega de Educación ambiental

Caderno nº 13 - Educación Ambiental en Galiza

Páx. 7 - 28

O 9 de novembro de 1999, o Consello Galego do Medio Ambiente aprobou o texto definitivo da Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA). Por vez primeira na traxectoria deste organismo consultivo un documento foi informado positivamente, sen votos en contra. O texto da EGEA foi publicado integramente no Diario Oficial de Galicia (Resolución 3/10/2000 pola que se publica a Estratexia Galega de Educación Ambiental, DOG de 23/10/2000), o que da idea da relevancia, aló menos formal, que o Goberno autonómico lle concedeu nese momento.Tomando como data de referencia a aprobación da EGEA no plenario do Consello Galego do Medio Ambiente cúmprense agora os 3 anos de vixencia da EGEA, a metade dos 6 anos que no mesmo documento se establecen para a aplicación das recomendacións que recolle.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal