ADEGA Cadernos

Buscador

Formulario de busca

Problemas e riscos de contaminación nas rías galegas

Manuel Soto Castiñeira

Caderno nº 10 - Medio ambiente litoral

Páx. 15-27

Estamos convencidos de que se non se toman medidas, o litoral galego no seu conxunto pode ter consecuencias negativas, pois xa hoxe temos abondosos exemplos de rías contaminadas e gravemente deterioradas nos seus valores ambientais e produtivos. Cumpre discutir cales son as prioridades e solucións que nos permitan seguir tirando beneficio dos ecosistemas litorais, dunha forma sustentábel.Por elo, preciso que toda a sociedade sexa consciente dos problemas e das solucións a deterioración das rías, que ofertas non son solución e que actuacións agravan o problema.

Xestión sostíbel da pesca

Juan Freire

Caderno nº 9 - Pesca sustentábel

Páx. 9-27

Análise do problema da xestión pesqueira a nivel mundial extrapolado a Galiza a través da evolución das capturas pesqueiras e o estado actual destas con unha sobre-explotación e colapso abundante. Vemos como a comercialización é un problema para a xestión sostíbel e os efectos que este produce sobre os ecosistemas. Existen no mundo medio millón de pescadores industriais fronte a uns 12 millóns de pescadores artesanais, pero os primeiros capturan a mesma biomasa ou máis que os segundos. A pesca artesanal baséase máis no coñecemento e menos na técnica, factor que axuda a conservar ecosistemas. A acuicultura pode ter efectos ecolóxicos moi relevantes como a modificación de hábitats, introdución de novas especies…

Contaminación mariña debida ás pinturas dos barcos. A situación no litoral galego

María Quintela Sánchez

Caderno nº 10 - Medio ambiente litoral

Páx. 29-37

O composto máis tóxico xamais introducido de forma deliberada no medio ambiente é o tributilo de estaño ou TBT, biucida empregado nas pinturas antiincrustantes para barcos ou estruturas mergulladas.A maior concentración de TBT aparece en portos comerciais e deportivos, canles de navegación… pero actualmente xa está distribuída por todo o mundo. Este composto tóxico causa aos seres vivos unha ampla gama de efectos daniños dende subletais ata letais. Os macroinvertebrados máis afectados son os moluscos, sobre todo gasterópodos e bivalvos, pola súa alta taxa de bioacumulación e baixa taxa de depuración.En definitiva, os puntos máis seriamente afectados por contaminación por TBT na costa de Galiza son as rías de A Coruña, Vigo, Ferrol e Muros onde que haberá que agardar un tempo para ver o resultado das recentes prohibicións no uso deste composto.

O medio ambiente e a reforma da Política Común de Pesca

Raúl García

Caderno nº 9 - Pesca sustentábel

Páx. 29-38

España ten unha flota inmensa que pesca en todo o mundo, pero non somos os máis piratas do mundo, como se di. A reforma da PCP (Política Común Pesqueira) é unha oportunidade para reorientar a pesca. A campaña europea de pesqueiras de WWF ou ADENA ten como obxectivo principal axustar a flota á dispoñibilidade dos recursos. É preciso facer unha reforma da política pesqueira, de xeito que garanta o futuro da pesca a longo prazo. A maioría das especies estámolas explotando por riba das súas posibilidades e cada vez hai menos peixe, hai que investir máis cartos e hai que facer máis esforzos para pescar, sendo máis difícil gañar a vida no mar.

Proposta de ampliación do Parque Nacional Illas Atlánticas

Xosé Veiras García

Caderno nº 10 - Medio ambiente litoral

Páx. 39-42

A asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza(ADEGA) , a Federación Ecoloxista Galega(FEG), a Sociedade Española de Ornitología(SEO)/Birdlife, a Sociedade Galega de Historia Natural ((SGHN) e un grupo de investigadores que asinaron no 2001 un documento no que demandaban a ampliación do ámbito territorial do futuro Parque Nacional (PN) das Illas Atlánticas.A presión social exercida polas organizacións ambientalistas conseguiu unha ampliación importante da superficie mariña do Parque que pasou das 1.637 hectáreas da proposición inicial a 7.138 hectáreas.

A erosión do litoral: A perda das praias

José L. Pagés Valcarlos

Caderno nº 10 - Medio ambiente litoral

Páx. 43-53

O proceso natural denominado erosión estase convertendo actualmente nun problema grave, xa que a franxa litoral ten unha alta ocupación humana e serve de asento a numerosas actividades en torno ás cales se moven importantes intereses económicos. As praias, en concreto, son un recurso económico de primeira magnitude polo que a Administración, institucións diversas e as compañías de seguros empezaron a estar interesados no tema.Para abordar este tema, é necesario analizar, cales son as causas que orixinan as praias e os seus mecanismos de funcionamento, o que nos sinalará as directrices e liñas de actuación para eludir os efectos negativos do proceso erosivo litoral.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal