Caderno nº 3 - Xestión do lixo: unha alternativa ecolóxica ao plano de SOGAMA
Páx. 5-10
Nas últimas décadas prestouse unha atención crecente á problemática ambiental dos residuos e das emisións contaminantes, xurdindo unha lexislación ambiental que se fai cada vez mais extensa e tamén mais estrita. A resposta da tecnoloxía e dos tecnólogos foi a de desenrolar, instalar e facer funcionar equipas ou plantas de tratamento das diferentes emisións, sexan sólidas, líquidas o gasosas. Estas solucións constituíron a denominada alternativa dos tratamentos externos, ou de final de tubería.
Caderno nº 3 - Xestión do lixo: unha alternativa ecolóxica ao plano de SOGAMA
Páx. 11-22
A xeración de residuos sólidos no Estado Español sitúase entorno aos 276 millóns de toneladas ao ano, cifra excesiva e realmente perigosa se temos en conta que case 4 millóns corresponden a residuos tóxicos e perigosos . Por residuos sólidos urbanos (RSU) é habitual referirse unicamente ao lixo doméstico, deixando á marxe outros residuos sólidos urbanos como os lodos de depuración ou os escombros. O lixo doméstico atinxe no Estado Español a cantidade de 15 millóns de toneladas anuais, cunha taxa de xeración xa lixeiramente por riba de 1 kg por habitante e dia.
Caderno nº 3 - Xestión do lixo: unha alternativa ecolóxica ao plano de SOGAMA
Páx. 23-42
Para acadar unha porcentaxe significativa de reciclaxe dos RSU e para reducir a cantidade xerada e a súa perigosidade, é necesario un plano de recollida selectiva e reciclaxe integral. A concienciación social para participar na recollida selectiva é hoxe suficiente para facer posíbel a posta en marcha dun plano deste tipo. Aliás, esa participación e a dispoñibilidade dos medios de recollida selectiva é xa o factor principal para seguir avanzando na concienciación social.
Caderno nº 4 - Agroecoloxía na Galiza
Páx. 5-6
As portas do século XXI, as grandes potencias exportadoras están impoñendo a través da Organización Mundial do Comercio (OMC) toda unha serie de políticas de liberalización para adaptarnos, di a propaganda oficial, a un sistema comercial multilateral máis libre nunha economía sen fronteiras. Pero o que realmente se esconde detrás deste argumento é aplicar políticas que permitan ás grandes transnacionais campar ás súas anchas nos mercados do planeta. Todo isto supuxo unha maior aceleración da industrialización do proceso de produción agraria, e as súas consecuencias son deslocalización da produción, invasión dos mercados polos produtos das grandes compañías transnacionais, perda de postos de traballo, graves consecuencias para o medio ambiente e uns produtos alimentarios de moi mala calidade e tremendamente inseguros. O escándalo das vacas tolas é un bo exemplo do perigosa que está sendo a alimentación xerada pola Política Agraria Común (PAC).
Caderno nº 4 - Agroecoloxía na Galiza
Páx. 7-18
A agroecoloxía pódese definir como unha ciencia e conxunto de saberes que tenta resgardar o que hai de máis positivo da agronomía e asociar ao enfoque holístico dos principios da ecoloxía, e con énfase nos coñecementos locais dos labregos e na necesidade de xerar tecnoloxías compatíbeis e adaptábeis a os diversos agroecosistemas . Por outra banda, a agricultura convencional, ten unha claras bases técnico-económicas que dominan cada vez os espazos agrarios en todo o mundo. Un agroecosistema convencional tenta preservarse a través da substitución de insumos materiais e enerxéticos externos de carácter non renovábel por elementos estruturais e funcionais do ecosistema local, evidentemente esta substitución é funcional á circulación de mercadorías e acumulación de excedente que permite a reprodución do capitalismo avanzado e global.
Caderno nº 3 - Xestión do lixo: unha alternativa ecolóxica ao plano de SOGAMA
Páx. 43-60
A versión actual (1997) do plano de RSU da Xunta de Galicia, aprobado en xaneiro de 1992, foi elaborado por SOGAMA, empresa da que forman parte a propia Xunta e FENOSA. O 90% do investimento dedícase a recollida, transporte e tratamento do lixo por incineración, discriminando as opcións de prevención a reciclaxe e afatándose da alternativa dos 3Rs. Recolle o fundamental do proxecto de 1992, desenvolvendo e detallando os medios técnicos propostos para o tratamento do lixo (Estacións de Transferencia (E.T), Plantas de “Reciclaxe”, Tratamento e Elaboración de Combustível (PRTEC) e Planta Incineradora). De forma superposta, o plano contempla algunhas medidas para a redución, a reutilización e a recollida selectiva e reciclaxe de certas fraccións. Neste capitulo recollemos unha valoración global, que se presenta en maior detalle no Apéndice II.