Inicio / Números anteriores / Aproveitamento da biomasa forestal mediante roza e os seus...
Páx. 5-11
Até mediados do século XX, o monte foi unha parte fundamental na economíatradicional do centro e norte da península Ibérica grazas aos seus distintos aproveitamentos. É fundamental o papel do monte como produtor de madeira e leña, como soporte da gandaría, con achegas de pasto, e tamén como fonte doutros produtos diversos como a caza, o mel, froitos etc. Entre eles a biomasa forestal foi e é, sen dúbida, un recurso abundante do monte galego. Cando se decide explotar a biomasa dun ecosistema determinado, o impacto ambiental será diferente dependendo da xénese desa biomasa, por iso abordaremos neste artigo os efectos desta práctica e como se debe xestionar de xeito sustentable.