ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Chega a REGANOSA o primeiro barco con gas de...

21-07-2016

Chega a REGANOSA o primeiro barco con gas de "fracking" USA grazas ao tratado TTIP

Comunicado asinado por de Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, ADEGA e outras 40 organizacións:

Este 22 de o porto de Ferrol recibirá a primeira carga de gas de "fracking" dende os EUA. Este evento está carregado de simbolismo, na medida en que representa o sinal de partida para a importación masiva de gas do outro lado do Atlántico. Segundo denuncia Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, ADEGA e outras organziacións, este camiño que comezou coa chegada do buque-tanque de GNL Sestao Knutsen impedirá certamente o cumprimento dos obxectivos climáticos europeos xa escasos e insuficientes, e móvese na dirección oposta a espírito do Acordo París.

Alén disto, o gas será almacenado nunha planta, Reganosa, que conta coa oposición local desde o inicio do procedemento (e situada a menos de 100 metros de vivendas). O Tribunal Supremo español declarou ilegal en dous xuízos e o goberno funcións acaba de anovarlle os permisos a base de eximila da Avaliación de impacto ambiental.

Grazas ao pulo de varios gobernos, incluído o español, baixo a forma de marcos regulamentares e fiscais atractivos, a ameaza do "fracking" en Europa persiste. Apesar do abandono por varias empresas, a crecente oposición institucional en forma de prohibicións ou moratorias, e a consecuente redución do número de autorizacións solicitadas e concedidas, o fracking xa fixo unha incursión tímida no noso continente. En Polonia, hoxe fóra do campo de interese das empresas, o fraturamento hidráulico xa foi usado nuns cantos pozos. No Reino Unido, o uso da técnica en Lancashire parece inminente, tras superar o goberno a vontade popular municipal. No Estado español, existen varias licenzas nun estado de tramitación avanzado, e, aínda que o recente abandono por parte da empresa BNK dalgúns deles resultou unha vitoria para o movemento de oposición ao "fracking", a ameaza de ver os primeiros pozos perforados no estado é moi clara.

Con todo, a maior e máis inminente ameaza de entrada do "fracking" no Estado español e en Europa en xeral, represéntano as importacións de gas de "fracking" estadounidense en forma de gas natural licuado (GNL).
Na calor das negociacións do Acordo de Comercio e Investimentos Transatlântico (TTIP) con EEUU, o país americano levantou a finais de 2015 unha prohibición establecida dende 1975 para exportar gas. En febreiro de 2016 os Estados Unidos exportaron a Brasil o primeiro embarque internacional de gas de xisto como GNL, mais Europa é un dos claros futuros destinos destas remesas.

Este feito concrétase agora co anuncio da chegada do metaneiro "Sestao Knusten" a portos do estado. O buque, que partiu da terminal de Sabine Pass, no Golfo de México o 1 de xullo cargado con 135.000 metros cúbicos de GNL, se espera para chegar a Mugardos o 22 de xullo, ás 4 da mañá. Varias empresas europeas, incluidas Iberdrola, Gas Natural Fenosa e Endesa, que xa asinaron contratos con empresas americanas a vinte anos para o subministro de gas.

A UE está embarcada no desenvolvemento e construción de gasodutos e terminais para a importación de gas natural licuado (GNL). E a aprobación por parte da Comisión Europea o pasado mes de febreiro de varios documentos coñecidos como o "paquete de inverno", supón unha aposta explícita polo gas gas, aínda que a demanda europea está a diminuír nos últimos anos. En particular, a "Estratexia Europea para o gas natural licuado e de almacenamento de gas" é un verdadeiro pulo á importación de gas natural, con recomendacións de investimento mil-millonarias en infraestruturas, gasodutos e instalacións de almacenamento e regasificación. O Estado español é punteiro nestas capacidade en Europa, o que convirte a España na principal porta de entrada para GNL en Europa no futuro.

O movemento de resistencia contra o "fracking" tivo entre os seus moitos logros o seu carácter global. O slogan "Nin aquí nin en ningún lugar", repetido en varias linguas, deixou clara no só a solidariedade entre territorios, senón tamén o compromiso implícito para continuar o rexeitamento modelo fósilista. Os movementos de oposición en Europa deben ser conscientes de que esta máxima repetida en incontables bandeiras e faixas implica opoñerse á chegada de buques como o "Sestao Knusten" aos portos europeos. Estar hoxe contra o "fracking" en Europa é estar en contra a importación de GNL.

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal