O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono cunha manchea de actividades |
Compostela, 20 de setembro de 2012. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA. A finalidade é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Durante esta campaña de outono están programadas saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, asociacións, grupos ecoloxistas...). Outras actividades programadas polo Proxecto Ríos para esta campaña de outono é o XVI Curso de formación de coordenadores/as (29 de setembro), a V Limpeza simultánea de ríos, así como un Roteirríos o 20 de outubro. Faremos o XVI Curso de Formación de Coordinadores/as na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o sábado 29 de setembro. Estará adicado a coñecer a fauna piscícola dos nosos ríos. Como sempre, parte da xornada se centrará na recollida e identificación de macroinvertebrados. |