Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA Imprimir
Envia Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA a FaceBookEnvia Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA a Twitter

Rato arquetaLugo, 27 de marzo de 2013. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a raíz dunha denuncia de ADEGA de 2011, vén de acordar unha sanción contra o Concello de Lugo por ter en mal estado unha antiga arqueta de saneamento na mesma canle do río Rato, que se atopa á altura da rúa Pedáneo Xoán Diego, no barrio de Albeiros. Por ela estase a filtrar grande parte da auga do río Rato que, posteriormente, vai parar ao colector xeral de augas fecais procedentes dos polígonos do Ceao e das Gándaras. Alén desta deficiencia, a Confederación observou tamén o mal estado doutras tubaxes e colectores polos que o río perde auga e que, nos meses de verán sobre todo, deixan practicamente seco o efluente.

Rato arqueta 2A Confederacion Miño-Sil sanciona ao concello, administración competente no saneamento, cunha multa económica de 300 euros e obrígao a reparar en 15 días, non só a arqueta mencionada, senón todas as arquetas, colectores e tubaxes antigas que se atopan na canle dor río Rato. De non facelo, dita a Confederación poderá impoñer multas coercitivas e proceder á execución subsidiaria das obras cargándolle os gastos ao concello de Lugo.

Esta sanción foi motivada a raíz dunha denuncia formulada por ADEGA en outubro de 2011 despois de que membros da asociación ecoloxista comprobamos que unha arqueta abandonada no medio do caudal estaba a "tragar" auga do río, e que río había outra fuga de caudal. Desde ADEGA alertamos da situación, xa que nos meses de verán estas fugas provocan a seca do efluente, ademais de xerar danos na fauna e flora fluviais e de derivar innecesariamente auga do río á estación depuradora do municipio, que en condicións normais debería ir parar ao Miño.

ADEGA puxo en coñecemento do concello as perdas de caudal que sufre o Rato, pero ata o momento non resolveu o problema. Mesmo, técnicos municipais visitaron a zona e comprometéranse a arranxar as fugas. Agora, a Confederación competente na bacía esíxelle ao Concello a reparación dos danos ao dominio público hidráulico o antes posible. Ao mesmo tempo, ADEGA estará vixiante para que se cumpra a sanción en todos os seus termos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com