Roteiro de ADEGA-Lugo polas terras dos feros corvos do Xallas |
![]() |
Desta volta faremos o roteiro pola Costa da Morte, á beira do río Xallas. Ao tempo que pretendemos reivindicar a protección deste río, tamén lembraremos a Eduardo Pondal, un dos autores galegos máis relevantes do século XIX e en cuxa obra están moi presentes as paisaxes do Xallas. Foi o autor do poema “Os pinos” que, con música de Pascual Veiga, deu lugar ao himno galego. Acompañarannos algúns poetas da Costa da Morte, que nos axudarán a coñecer e valorar a obra de Pondal.
O inicio do roteiro terá lugar en Olveira (concello de Dumbría). Camiñando pola vertente oeste do Xallas cruzarémolo pasando xa ao concello de Mazaricos, onde visitaremos a central de Ponte Olveira (onde está proxectada a construción doutra nova). Despois de pasar polo lugar de Campelo, chegaremos á Devesa dos Anllares, fronte á cal está prevista outra central. Dirixirémonos ao lugar de Arcos e remataremos o roteiro no miradoiro do Ézaro. O roteiro ten unha lonxitude de 15 km e pode considerarse de dificultade media. LUGARES E HORAS DE SAÍDA: -Para as persoas que vaian desde Lugo, a hora de saída é as 8 da mañá. O bus sairá a esa hora de diante da Escola de Maxisterio (Avenida de Ramón Ferreiro). Haberá que reservar praza chamando ao 679 113 718 ou ao 982 240299. -O punto de encontro en Olveira será no Bar As Pías (parada habitual dos peregrinos) ás 11 da mañá. Ás 10:30 da mañá sairá un grupo de xente cara a Olveiroa dende o IES Fernando Blanco de Cee.
Aconséllase leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.
PREZOS: Xeral.................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro.........................................12 €
Soci@s................................................................................. 10 €
Ata 17 anos............................................................................ 5 €
ÚLTIMO ROTEIRO DE ADEGA LUGO DO CURSO 2010-2011: 26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” Valença-Monçao |