Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol Imprimir
Envia Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol a FaceBookEnvia Autoinculpación diante da Fiscalía polo bloqueo de entrada "ilegal" de gaseiros na Ría de Ferrol a Twitter

Autoinculpacin_Pranta_de_Gas.2010Ferrol, 1 de xuño 2010. Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, da Asemblea Cidadá e dos colectivos que o compoñen, entre outros ADEGA, acudimos aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de autoinculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro "Galicia Spirit" cargado con GNL para subministro da planta de REGANOSA. Unha acción decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá. Os asinantes do documento estivemos acompañados por unha representación dos mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos. Lembrouse que a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, a pesares das sentenzas de ilegalidade dictaminadas polo TSXG, constitúe a raíz do problema.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com