ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Educación e Voluntariado ambiental / Presentación

Educación e Voluntariado ambiental

Educación ambiental

En ADEGA consideramos a Educación Ambiental como a ferramenta básica da que dispoñen as sociedades para avanzar na superación dos graves problemas ambientais que hoxe existen. Entendemos a Educación Ambiental como un elemento necesario dun proxecto global de participación social, que leve a unha relación máis equitativa e ecolóxica entre o ámbito económico e o natural, garante dun desenvolvemento verdadeiramente sustentábel.

Para iso ADEGA desenvolve desde hai varios anos numerosas inciativas de Educación Ambiental destinadas ás persoas de tódalas idades para dar a coñecer o medio e ferramentas para conservalo.

Entre os programas máis destacados de educación ambiental están: Proxecto Ríos, Compostaxe Caseira e Comunitaria, O lixo desde o teu Concello ou Charcas con Vida.

Voluntariado ambiental

Ligados aos programas de educación ambiental ADEGA ofrece a posibilidade de participar de xeito máis activo como voluntario/a ambiental, dentro dos programas como Charcas con Vida ou Proxecto Ríos, así como en outras inciativas de eliminación de especies exóticas invasoras ou limpezas de praias.

Son milleiros de persoas os que cada ano participan activamente nas iniciativas de ADEGA de voluntariado ambiental, aprendendo e sumando o seu gran de area na conservación do medio.

Subvencións traballadores/as desempregados/as (Secretaría Xeral de Emprego)

No exercicio de 2016, ADEGA foi destinataria dunha axuda convocada ao abeiro das "Subvencións para a contratación de traballadores desempregados polas entidades en ánimo de lucro. Programa operativo de emprego xuvenil" convocadas mediante Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG 30 de decembro de 2015).
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, através do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Como resultado desta axuda ADEGA contratou a unha educadora ambiental por un periodo de 7 meses (dende outubro de 2016 a abril de 2017) como apoio aos diversos programas de Educación e Voluntariado ambiental que desenvolve a nosa entidade: Compostaxe Caseira e comunitaria, Proxecto Ríos, iniciativas de concienciación e loita contra as especies exóticas e invasoras, Charcas con Vida, iniciativas de conservación e millora de hábitats e especies, etc, en colaboración con diversos organismos e administracións.


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal