ADEGA Cadernos

Inicio / Números anteriores / A codixestión anaerobia como sistema de produción de...

A codixestión anaerobia como sistema de produción de enerxía a partir de residuos

Juan A. Álvarez e María Dolores Garabatos Pardo

Páx. 23-38

A dixestión anaerobia é un proceso biolóxico en que a materia orgánica, en ausencia de osíxeno e pola acción dun grupo específico de bacterias, se transforma en produtos gasosos ou “biogás” (CH4, CO2, H2, H2S, etc.) e nun “dixestato”, que é unha mestura de sales minerais (con N, P, K, Ca etc.) e materia orgánica de difícil degradación.O biogás contén unha elevada porcentaxe de metano, CH4, (50-70%) e é susceptible dun aproveitamento enerxético mediante combustión en motores, turbinas ou caldeiras, quer illadamente, quer mesturado con outros combustibles. O proceso controlado da dixestión anaerobia é un dos máis adecuados para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, para a produción de enerxía a partir de residuos orgánicos e mais para o mantemento e posta en valor do valor fertilizante dos produtos procesados.A dixestión anaerobia pode aplicarse, entre outros, a residuos agrícolas e gandeiros, residuos urbanos (fracción orgánica de residuos urbanos, lodos de depuradoras municipais...) e os residuos procedentes da pesca e da industria (fundamentalmente agroalimentarios). Estes residuos poden ser tratados por separado ou en conxunto, o que se coñece como codixestión. O proceso de dixestión anaerobia é tamén axeitado para o tratamento de augas residuais de elevada carga orgánica, caso das producidas en industrias de alimentos diversos.

ADEGA Cadernos
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal