Inicio / Axenda / Outras actividades / 21M: Acode ás concentracións contra...
Do 17-03-2021 ao 21-03-2021
O vindeiro domingo, 21 de marzo, é o Día Mundial da Árbore. ADEGA e outras 50 entidades que conforman a plataforma "Por un monte galego con futuro" aproveitaremos esta data sinalada para amosar o noso rexeitamento masivo ao Plan Forestal promovido polo PP, que carece de consenso social, fai unha diagnose fictica da situación do monte galego, fomenta o monocultivo de especies invasoras, promove a forestación de terras agrarias, non atalla a problemática dos incendios forestais, agrava a situación de abandono do rural, ou alenta a desparación dos montes veciñais en man común.
Manifesta tamén a túa repulsa ao Plan Forestal do PP acudindo ás concentracións que se convocan para o vindeiro domingo, 21 de marzo, ás 12 horas do mediodía (ás 11 h en Ourense) en diferentes localidades do país. Achégate á que teñas máis próxima (non esquezas a máscara):
Betanzos, Praza de García Hermanos
Ferrol, diante do Edifizo Administrativo da Xunta
Santiago de Compostela, diante da sé da Presidencia da Xunta de Galiza (Praza do Obradoiro)
Melide, Xardíns do Cantón de San Roque
Lugo, diante do Edificio da Xunta de Galiza
Becerreá, diante do Concello
Chantada, Praza do Cantón
Vilalba, Praza do Templete
Ourense, diante da Delegación Provincial do Medio Rural (ás 11 horas)
Verín, diante do Concello de Verín
Xinzo de Limia, na Praza Maior
Vigo, sede da Xunta, praza da Estrela, Rúa concepción Arenal 8
Pontevedra, na Praza da Ferrería
Cangas/Bueu/Moaña/Vilaboa / Marin, todas elas diante dos Concellos
Vilagarcía, praza de Ravella
Cercedo-Cotobade, Praza do Concello
Tomiño, Praza do Seixo
Nigrán, Explanada de San Campio, A Ramallosa
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal