ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / ADEGA participa no CONAMA 2016

Do 28-11-2016 ao 02-12-2016 / Do 28 de novembro ao 1 de decembro 2016

ADEGA participa no CONAMA 2016

Do 28 de novembro ao 1 de decembro terá lugar o 13º Congreso Nacional de Medio Ambiente no Campo das Nacións (Madrid). ADEGA asistirá ao congreso como integrante da Asociación española de lixo mariño da que forma parte.

Na xornada do 1 de decembro a asociación formará un grupo de traballo co obxectivo de elaborar un documento que recolla a problemática do lixo mariño e a importacia da concienciación social na súa eliminación.

Na mesma xornada presentarase o "Decálogo cidadán contra o lixo mariño" e realizarase unha actividade de simulación de limpeza de praias no propio recinto do congreso.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal