ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / V limpeza simultánea de praias e lagoas...

Do 25-11-2016 ao 26-11-2016 / 25 e 26 de novembro 2016

V limpeza simultánea de praias e lagoas litorais

O día 25 de novembro, venres, realizaranse limpezas da man do I.E.S Fin do Camiño en Fisterra e do C.E.I.P Atios na lagoa da Frouxeira en Valdoviño, levando a cabo unha xornada de concienciación das rapazas e rapaces sobre a problemática ambiental do lixo mariño.

O día 26 de novembro realizarase unha limpeza simultánea en diferentes puntos do país coordinados localmente por diversos colectivos.

ADEGA convoca a todas aquelas persoas interesadas en colaborar coas entidades organizadoras. Está previsto a realización da limpeza en:



- Lagoa da Traba: limpeza encabezada pola asociación Senda Nova e Contramínate.

        Punto de encontro: 11 da mañá na igrexa de Traba


- Lagoa de Baldaio: limpeza encabezada pola Cruz Vermella de Carballo.
  
        Punto de encontro: 10 da mañá na ponte grande da lagoa de Baldaio


- Lagoa de Doniños: limpeza encabezada por ADEGA Ferrol. 

        Punto de encontro: 10,45 da mañá diante do bar da praia de Doniños (Outeiro)


- Xunqueira do Lagares e praia de Samil: limpeza encabezada por ADEGA Vigo.

        Punto de encontro: 11 da mañá no parking final de Samil (xunto as pistas de tenis)


- Lagoa de Louro: encabezada por ADEGA Compostela.

        Punto de encontro: 9,30 no local de ADEGA (travesa de basquiños, 9, Santiago) ou ás 10,30 no aparcamento da praia de Louro.





O lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, provocando graves consecuencias sobre os ecosistemas mariños, así como numerosas mortes de aves mariñas, mamíferos e tartarugas. Estes animais poden verse atrapados entre o lixo ou morrer directamente pola inxesta dos propios residuos. Ademais, non só a nosa fauna vese ameazada, senón que moitos dos produtos vertidos ao mar conteñen sustancias tóxicas e bioacumulativas que poden entrar na cadea alimentaria, rematando por provocar problemas de saúde na poboación. Por outra banda, os problemas asociados á presenza deste lixo nas nosas praias provoca numerosas perdas económicas, provocando a diminución da pesca e do atractivo turístico e recreativo das nosas costas, supoñendo un gasto enorme de limpeza para as administracións.

Esta problemática está intimamente relacionada cos modelos de consumo da nosa sociedade, onde prodúcense millóns de toneladas de lixo ao ano (preto duns 10 millón anuais) que rematan nos nosos océanos, procedentes tanto das industrias como da poboación en xeral, a través dunha mala xestión dos residuos que xeramos.

Invitamos a todas aquelas persoas interesadas a contactar cos colectivos participantes nesta xornada de limpeza e achegarse as nosas praias e lagoas para, xuntas, conseguir un cambio de conciencia na sociedade e unha redución da presenza de residuos e do deterioro do noso litoral.

Se estás interesad@ en participar na limpeza contacta con nós:

sila@adega.gal
ou nos teléfonos 652134359/981570099

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal