ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / CONAMA 2014. ADEGA presenta as Limpezas...

26-11-2014

CONAMA 2014. ADEGA presenta as Limpezas Simultáneas de praias

ADEGA participará no Congreso Nacional de Medio Ambiente de 2014, no apartado de Actividades Especiais.

O título da actividade é: Basuras Marinas en España, e terá lugar o mércores 26 de novembro de 16:00 a 19:00.

A actividade servirá como punto de encontro de coñecemento e divulgación do problema do lixo mariño no estado, poñendo de manifesto a relevancia ambiental desta ameaza e a situación na que se atopa o estado. As ponencias centraranse en dous obxectivos:

  • Dar a coñecer o problema e a situación do lixo mariño no estado
  • Presentar a nova Asociación Española de Basuras Marinas da cal ADEGA forma parte
A xornada comenzará cunha Introdución que dará paso á sección de Lixo Mariño:A súa regulación nos planos internacionais e da UE

Seguida da sección de iniciativas desenvolvidas en España, na que Lucía Parente presentará as Limpezas siumltáneas de Praias en Galiza, que xa vai pola súa terceira edición. Ademáis tamén presentará diferentes materiais divulgativos editados para estas actividades.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal