Xornada Especies invasoras e participación social
En novembro de 2015 celebrouse a xornada divulgativa sobre “Especies invasoras e a participación social” no museo Domus da Coruña.

Xornada Píllara das dunas. Situación e Perspectivas
En outubro de 2015 organizáronse as primeiras xornadas sobre píllara das dunas en Vigo. Creando un punto de encontro para expertos e afeccionados na conservación desta especie ameazada.

XORNADAS DE ECONOMÍA SOSTIBLE
En xaneiro de 2014, ADEGA organizou en Lugo unhas xornadas de debate que trataron de dar a coñecer iniciativas que están a traballar por unha Economía máis sostible e por un sistema eléctrico máis xusto.

XORNADAS/ENCONTROS DE PROXECTO RÍOS
Materiais divulgativos para a difusión de actividades: Cursos de formación, Encontros de voluntariado, Roteirríos e Conversarríos.

XORNADAS PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO
Xornadas celebradas dentro da Campaña “Ponte no Medio. Móvete polo territorio” por unha ordenación territorial sustentable.

Xornada Compostaxe: Experiencias prácticas
En novembro de 2015 ADEGA organizou xunto coa Deputación de Lugo unha palestra para expoñer a realidade actual dos sistemas de aproveitamento da materia orgánica dos residuos mediante a compostaxe. Son proxectos e experiencias, algunhas novidosas en Galiza, como o “porta a porta” rural de San Sadurniño e outras xa con anos de rodaxe tanto no noso país como noutras partes de Europa.
