ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
26/02/2021

Colectivos ecoloxistas, culturais e veciñais piden a paralización das obras da gasolineira de Ledoño (Culleredo)

O inicio das obras dunha gasolineira cerca do río Valiñas pon en perigo a biodiversidade do río e da Ría do Burgo ao verter continuamente terra na canle que chegará á Ría do Burgo

+info

22/02/2021

Comezan as xornadas "Que cidade queremos?" organizadas por ADEGA Lugo

Este xoves 25 de febreiro comezan as xornadas “Que cidade queremos?”. Cada semana e até o 18 de marzo haberá unha mesa redonda retransmitida en directo a través da web de ADEGA e da canle de YouTube onde tamén podes participar no debate.

+info

17/02/2021

A simplificación administrativa para o PP: arredar á cidadanía e minimizar a administración para deixar todo o poder ás empresas

Con esta nova norma, xunto coa “Lei de Depredación” e o uso espúreo das leis de acompañamento, a Xunta afonda na privatización da xestión dos recursos públicos como o vento, a auga ou a biodiversidade.

+info

04/02/2021

ADEGA Lugo presenta as xornadas: Que cidade queremos?

En febreiro e marzo do 2021 a delegación de Lugo organiza as xornadas de debate Que cidade queremos? completadas cun certame de videocreación "A cidade que eu quero".

+info

05/01/2021

A Autoestrada AG-59 ameaza hábitats e especies protexidas pola UE non contempladas no EIA

ADEGA presenta alegacións contra a ampliación da Autovía AG-59 Treito: A Ramallosa – Enlace PO- 841 polo seu impacto ambiental irreversible sobre un espazo natural protexido.

ADEGA vén de presentar alegacións contra a ampliación da autoestrada AG-59 por afectar ao espazo natural protexido como Rede Natura e ZEC Sistema Fluvial Ulla-Umia-Deza e e non atender ao impacto sobre especies protexidas.

+info

26/12/2020

ADEGA únese a Voces do Ulla para denunciar a ampliación da autoestrada AG-59

ADEGA únese ao manifesto de Voces do Ulla en repulsa ao desastre ambiental da innecesaria AMPLIACIÓN DA AUTOVÍA AG-59, de 7,5km por 48 millóns de custe que pasa polo Río Ulla e arredores e por unha área ZEC da Rede Natura 2000 da Unión Europea

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal