ADEGA e o ecoloxismo galego celebramos a decisión definitiva de Endesa de pechar a central de carbón das Pontes como un enorme éxito na loita desde a nosa terra contra a emerxencia climática global!
O parque eólico de Banzas e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción.
Salvemos O Iribio celebra a demoledora sentenza do TSXG que anula o proxecto eólico Serra do Iribio no ZEC Ancares-Courel e zona de Rede Natura 2000. O fallo, de ser firme, representa un importante precedente xurídico na defensa de Rede Natura.
Algúns contratos eólicos son pouco menos que insultantes para os titulares das terras. Prezos ridículos e cláusulas escandalosamente favorábeis para as empresas, que mesmo ofrecen "opcións de arrendamento" a 5 anos pagando CERO!
Uns 60 colectivos galegos, entre eles ADEGA, lanzan o manifesto "Aldeas con Horizonte" contra a implantación irracional e abusiva de proxectos eólicos no país e por un novo marco regulador en materia de enerxía eólica máis sostíbel, social e xusto.
ADEGA vén de expoñer en rolda de prensa a proposta de creación dun órgano mixto de xestión pública do río Miño e a elaboración dun plan de restauración e xestión sostíbel e integral para todo o treito do río Miño.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal