ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

18/09/2023

As obras foron realizadas polo Concello de Castroverde contravindo o seu propio PXOM

ADEGA-Lugo e Mariña Patrimonio denuncian obras de recheo sobre o Castro da Eirexe

As entidades presentaron unha denuncia perante a DX de Patrimonio Cultural pola intervención nunha parcela integrante dun ben catalogado.

+info

11/09/2023

ADEGA-Lugo esixe á CHMS investigue a contaminación do Rego Pomeda en Palas de Rei

ADEGA-Lugo vén de reiterar perante a CHMS a denuncia dun novo episodio de contaminación no Rego Pomeda, coa aparición de centos de troitas mortas a finais do pasado mes de agosto.

+info

26/07/2023

ADEGA-Lugo presenta as xornadas ambientais de verán "Os catro elementos"

Nos meses de xullo e setembro, a delegación de Lugo de ADEGA organiza a cuarta edición das xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”, coas que achegar as persoas á natureza e a hábitos de vida máis sustentábeis.

+info

12/07/2023

O voluntariado de ADEGA restaurará valados de pedra seca en Muras

ADEGA celebrará o vindeiro 21 de xullo unha xornada de voluntariado para a restauración de muros tradicionais considerados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. O prazo de inscricións remata o día 20 de xullo.

+info

11/07/2023

A nova solicitude de concesión do Clube Fluvial de Lugo segue sen garantir o acceso ao río Miño

O novo proxecto do Club Fluvial nin garante o acceso á zona de servidume do río nin repara as ilegalidades acometidas pola entidade.

ADEGA non vai a aceptar a renovación da concesión en canto o Clube Fluvial non cumpra coa súa obriga e deixe libre a zona de servidume de paso e elimine todas as infraestruturas que ocupan irregularmente a zona de dominio público hidráulico.

+info

06/07/2023

Estudos ambientais e catalogación deficiente poñen en risco o noso valioso legado histórico-cultural

Parque eólico do Picato: Ameaza para o patrimonio arqueolóxico

ADEGA-Lugo en colaboración coa Asociación Mariña Patrimonio, presentou unha solicitude perante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para a inclusión de once novos xacementos arqueolóxicos no catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal