ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
22/10/2026 | Monterrei

ADEGA alega ao parque eólico Ferromolín polos seus impactos sobre a biodiversidade, o territorio e os incendios

​A asociación alerta das eivas do estudo ambiental dun proxecto de 27 MW previsto entre Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Oencia, afectado polo gran incendio de agosto de 2025.

+info

14/10/2026 | Lugo

ADEGA-Lugo presenta un recurso contra o desenvolvemento do plan parcial S5I, que afecta ás nacentes do Rato

ADEGA acadou o obxectivo económico mínimo para defender nos tribunais este espazo natural. Máis de 200 doazóns demostran o amplo apoio social á defensa do río

+info

13/10/2026 | A Coruña

ADEGA-A Coruña e o Colectivo Pedras Galladas retiran 40 kg de lixo do río Trabe e constatan o seu grave deterioro

Ambas asociacións confirman a degradación dos seus bosques de ribeira debido a unha mala xestión.

+info

08/10/2026 | A Coruña

ADEGA-A Coruña denuncia que a reunión da Sociedade Nuclear Española ignora os custos ambientais e sociais da enerxía nuclear

A entidade ecoloxista critica que na reunión anual da industria nuclear, que este ano se celebra na cidade da Coruña, se obvie os custos ecolóxicos desta tecnoloxía e só se divulguen as bondades da enerxía nuclear.

+info

05/10/2026 | A Coruña

ADEGA-A Coruña apoia o manifesto para a rehabilitación ambiental de Baldaio proposto polo GN Hábitat

ADEGA-A Coruña apoia o manifesto pola rehabilitación ambiental de Baldaio, promovido polo Grupo Naturalista Hábitat. Impulsar unha protección real deste espazo e unha recuperación ecolóxica integral é unha demanda reiterada da veciñanza de Carballo.

+info

24/09/2026 | Lugo

ADEGA-Lugo pecha a campaña “Río Rato sen cemento” cunha foliada solidaria en Reque

A asociación ecoloxista conseguiu reunir 12.000 euros en tres meses para a defensa xudicial das nacentes do Rato fronte á urbanización prevista no sector S-5.I. O acto terá lugar este sábado 26 de setembro no Lugar de Reque.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal