ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
05/05/2017

Solución para unha planta de biomasa ilegal? Mudar a lei e o nome da empresa

En outubro ADEGA denunciou que unha empresa ía construir unha planta de biomasa de 50MW cando por lei o límite era 10MW. 2 meses despois o PP modificou a norma liberalizando a potencia, e o proxecto retorna agora con outro nome e os mesmos promotores

+info

03/05/2017

Algo cheira a podre no Xallas: crónica das privilexiadas relacións entre a Xunta e Villar-Mir

A recente imputación de Villar-Mir polo presunto financiamento irregular do PP, pon o foco nas relacións entre a Xunta e o empresario, dono e señor do río Xallas. A súa non é unha historia, é un idilio...

+info

25/04/2017

ADEGA consegue nos tribunais que a Xunta inicie os trámites para declarar a Cova Eirós como BIC

A presentación do recurso contencioso administrativo de ADEGA ante os tribunais foi determinante para que a Xunta iniciase a tramitación

A Xunta viuse obrigada a adoptar esta decisión en previsión de evitar unha sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza á raíz do recurso contencioso-administrativo interposto por ADEGA non mes de xullo contra a Consellaría de Cultura.

+info

25/04/2017

SOGAMA: nin vertido cero nin economía circular

Un artigo de Manuel Soto, catedrático de Enxeñaría Química e ex-presidente de ADEGA

A respeito dos residuos, o aparello de propaganda do PP teima en apropiarse de novos conceitos como "residuo cero" e "economía circular" para seguir xustificando o gasto de millóns de € en SOGAMA

+info

28/04/2017

Normativa ambiental e reivindicación ecoloxista, no Sermos-ADEGA nº 10

A reivindicación de que as normas ambientais se cumpran converteuse nunha constante nas demandas ecoloxistas. A pesar do maior peso da educación ambiental e a formación, a denuncia e a reivindicación segue a ser imprescindible

+info

24/04/2017

Enchemos o Obradoiro de eucaliptos! Grazas a todos/as

No día da Terra, 22 de abril, a praza do Obradoiro ficou inzada de eucaliptos para visualizar a problemática do monocultivo desta especie. Dende Cousa de Raíces queremos parabenizar ás participantes e animalas a continuar coa loita.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal