ADEGA vén de presentar demanda contra a Consellaría de Cultura da Xunta por non ter iniciado nin tramitado en tempo e forma o expediente de declaración da Cova Eirós de Triacastela como BIC e non contestar ás solicitudes de ADEGA.
O Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, acude a ICOMOS-España para denunciar as obras de "mellora e acondicionamento" que a Axencia de Turismo de Galiza está a executar e prevé realizar nos Camiños Norte e Primitivo, Patrimonio da Humanidade.
Xa está dispoñible na rede o número 6 de Sermos-ADEGA, dedicado á defensa dos animais e que foi publicado o pasado xuño no xornal Sermos Galiza. Consúltao!
ADEGA e MariñaPatrimonio denunciamos que boa parte dos xacememtos arqueolóxicos do norte de Lugo, dende o Paleolítico á Idade Media, sofren danos por labores asociados á explotación do eucalipto: plantacións, cortas, pistas, rozas con maquinaria...
A tolerancia desmedida dalgunhas administracións coa expansión do eucalipto contrasta co desleixo pola protección das nosas árbores senlleiras. A última desfeita tivo como vítimas as oliveiras tricentenarias de Ponte Ledesma (Boqueixón)
A multa ridícula imposta por Cultura á Conf. Hidrográfica por infracción grave ao patrimonio ao arramplar coas árbores no Camiño Francés de Sarria (1.062€), contrasta cos case 17.000€ que a Sub. do Governo pide a 34 veciños/as por defender o río...
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal