19/10/2026
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) dá novamente a razón a ADEGA e acorda a paralización cautelar do proxecto eólico Estivada, promovido por Green Capital Power nos concellos de Agolada e Antas de Ulla.
30/07/2026
Empresas eólicas con parques paralizados cautelarmente polo TSXG para evitar danos ambientais irreparábeis están a solicitar á Xunta a declaración de utilidade pública para poder ocupar as terras ou expropialas, nunha posíbel manobra de intimidación.
16/07/2026
A Sección 3ª resolve por unanimidade acoller as medidas cautelares solicitadas por ADEGA no contencioso contra a Xunta e Greenalia pola autorización do PE "Pena do Pico" nos Ancares lucenses.
30/05/2026
A sentenza do TSXG non se axusta á doutrina do Supremo en canto á fragmentación artificiosa de proxectos. O TS ratifica que haberá que avaliar caso a caso se a Xunta actuou conforme á legalidade vixente.
22/05/2026
A modificación de competencias sobre as autorizacións de parques eólicos e liñas de alta tensión fíxose sen mudar as normas de reparto do alto tribunal galego e en contra do ditame da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo.
16/04/2026
O anuncio da extinción de oficio dos 3 aproveitamentos de Naturgy no Tambre non é alleo á reactivación da balsa da Cornanda, suspendida pola Xunta para dar acceso á eléctrica. Trocar 60 MW por 300 e 75 anos máis no río semella sempre un bo negocio!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal