A asociación ecoloxista chama á participación da cidadanía en limpezas formativas nos concellos de Muros, Noia, Porto do Son, Fisterra, Carballo, Cangas e Barreiros ante a marea plástica de pellets que sofre a costa galega.
A importante extensión acadada pola marea de pellets plásticos que dende hai un mes está arribando á costa galega fai urxente a activación da situación 2 de emerxencia do Plano CAMGAL, como vén de reclamar ADEGA á Xunta.
ADEGA insta á Xunta de Galicia e á demarcación de Costas de Galicia a que activen urxentemente o Plan de continxencias por contaminación mariña accidental ante a aparición nos últimos días de toneladas de microplásticos nas costas galegas.
A Confederación Hidrográfica Miño Sil (en adiante CHMS), vén de comunicar a ADEGA-Lugo, que o caneiro que conecta o Clube Fluvial coa Fábrica da Luz, está vinculado á central hidroeléctrica en desuso e non á entidade deportiva.
Na sequencia da solicitude de ADEGA para reunir-se com os diferentes grupos municipais do Concelho de Lugo, a Associaçon Ecologista reuniu-se o passado martes com o grupo municipal do BNG.
Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarios e do mar denunciamos publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal