O 1 de novembro remata o prazo para presentar os traballos candidatos aos concursos polo territorio de ADEGA, en relato, fotografía e curtas.
A pesares do tempo fomos moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VI Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, nenos, nenas e maiores, mais todas e todos co mesmo obxectivo: coidar dos nosos ríos e reclamar a súa conservación.
Dentro da campaña de Limpeza Simultánea de ríos coordenada por ADEGA, foron levadas a cabo limpezas de ríos nos concellos de Ferrol, Neda, Mañón, San Sadurniño, Fene e Neda coa colaboración de diversos colectivos e concellos.
A iniciativa de ADEGA Charcas con Vida convoca a cuarta xornada de voluntariado que se celebrará os días 18 e19 de outubro. O lugar escollido para esta nova actuación será A Serra dos Ancares.
Onte tivo lugar unha mesa redonda sobre os impactos sobre na ría de Ferrol do proxecto de tren cara ao porto exterior, na que participou Xandro García, Vicepresidente de ADEGA e membros da asociación Muiño do Vento de Canido (Ferrol).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal