ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
11/06/2015

ADEGA-Ferrolterra denuncia a corta dunha planta en perigo de extinción na praia de Santa Comba (Ferrol)

No aparcadoiro da praia de Santa Comba (Ferrol) existe unha mancha da herba becerra, unha especie en perigo que foi cortada ao desbrozar o perímetro do aparcadoiro. Unha vez máis a administración volver ser o peor perigo para o medioambiente

+info

09/06/2015

Máis de 500 persoas participan na IV Limpeza Simultánea de Praias

Durante a pasada fin de semana (5, 6, 7 e 8 de xuño), máis de 40 entidades e máis de 500 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño. MOITAS GRAZAS!!!

+info

08/06/2015

Menos especies invasoras nas lagoas de Xuño e Muro

Vinte persoas voluntarias participaron na última actividade da "Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos" desta vez nas Lagoas de Xuño e Muro en Porto do Son

+info

04/06/2015

A Xunta e ADEGA asinan un convenio para conservación de especies e hábitats

ADEGA asina un novo convenio coa Xunta de Galiza para a protección da píllara das dunas e eliminación de especies invasoras en espazos protexidos a través de voluntariado ambiental. As actuacións desenvolveranse ao longo de 2015.

+info

03/06/2015

O voluntariado limpará praias en toda Galiza esta fin de semana

Un ano máis ADEGA organiza a IV Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos. Será este 5, 6 e 7 de xuño. Consulta, datas, lugares, descarrega o protocolo de limpeza... Morte ao plástico!

+info

01/06/2015

Celebra a Semana do Medio Ambiente con ADEGA!

O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias. Apóntate!

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal