O parque natural máis visitado de Galiza, o Complexo Húmido de Corrubedo, debe ser o único do mundo que conta dentro do seu perímetro cunha canteira activa e en pleno funcionamento... Benvidos/as a Españistán!
ADEGA valora estes lumes como moi graves e catastróficos para a nosa biodiversidade. Esiximos da Xunta inmediatas medidas de rexeneración e a aprobación do Plano de recuperación do oso, parado dende 2013
O recheo que xa se está a realizar nas inmediacións do estaleiro de Navantia-Fene suma unha alteración máis ao ecosistema da ría. A ría de Ferrol foi unha das máis produtivas de Galiza, e na actualidade é unha das máis contaminadas.
A actuación enmárcase no “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats", que conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Os pasados días 7, 8, 9, 10 e 11 de xullo de 2015 desenvolveuse en Torreira (Aveiro) o III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa.
Cerna 73 fai un repaso ao estado de conservación de especies de mamíferos e de aves vulnerables de Galiza e destaca a dificultade de atallar algunhas doenzas que afectan a especies frondosas como o ameneiro e o castiñeiro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal