ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
02/12/2015

ADEGA pide á Confederación Hidrográfica e á Xunta a paralización definitiva das obras da fábrica da luz no Miño e traslada o caso á Fiscalía

O que ía ser a restauración dunha instalación histórica -unha vella fábrica da luz- vén de converterse nunha chafallada administrativa ateigada de actuacións ilegais con graves impactos na biodiversidade e na contorna do Miño

+info

30/11/2015

As xornadas de compostaxe de Lugo amosan a actualidade do tratamento ecolóxico dos residuos

Partillando diversos proxectos e experiencias arredor da compostaxe e o tramento ecolóxico dos residuos, as xornadas de compostaxe que veñen de celebrarse a Deputación de Lugo amosaron realidades que SOGAMA segue a ignorar

+info

28/11/2015

Convada e realizada polo Concello Ferrol, ADEGA, Sociedade Galega Hª Natural, Verdegaia,Greenpeace , A.V. Magdalena,Club Montaña,...

Concentración de apoio ás medidas contra o cambio climático na cumbre de París

Concentración realizada e convocada polo Concello Ferrol e movemento ecoloxista da comarca (ADEGA, Sociedade Galega Hª Natural, Verdegaia,Greenpeace , A.V. Magdalena,Club Montaña,.. ) de apoio as medidas para frear o cambio climático

+info

27/11/2015

Xornada Especies invasoras e participación social

O sábado 28 de novembro celébrase unha xornada divulgativa sobre “Especies invasoras e a participación social” no museo Domus da cidade da Coruña. A xornada é gratuíta e está aberta a todo o público.

+info

25/11/2015

ADEGA presenta no Parlamento galego propostas para actuar contra o cambio climático

ADEGA vén de presentar no Parlamento Galego unha iniciativa dirixida a todos os grupos para que, con motivo da celebración da cimeira do clima en París (COP21) aproben unha declaración con propostas de actuación contra o cambio climático

+info

23/11/2015

Xornadas ´A compostaxe, experiencias prácticas´este venres 27 na Deputación de Lugo

No marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, estas xornadas pretenden ser un espazo para partillar experiencias en torno a redución e prevención de residuos, usando como ferramenta a compostaxe caseira e comunitaria.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal