ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
15/12/2015

Ulo o debate ambiental na campaña eleitoral?

O CIS constatou que o ambiente fica lonxe das preocupacións sociais, e consecuentemente, desaparece da dialéctica eleitoral. Nen sequera a coincidencia da campaña coa COP21 de París puxo na axenda política as propostas en medio ambiente

+info

14/12/2015

Cumio do Clima: un acordo nos obxectivos sen medidas vinculantes para acadalos non nos serve

A COP21 de París produce por primeira vez un acordo unánime e fixa un obxectivo xeral: que a temperatura non suba dos 2ºC a fin de século. Porén, sen medidas concretas e vinculantes para os estados, estamos perante outra oportunidade perdida...

+info

10/12/2015

ADEGA cuestiona o novo baleirado artificial do humidal protexido da Frouxeira

Alterar a dinámica natural a golpe de escavadora para salvagardar un paseo marítimo mal deseñado non é unha estratexia válida para xestionar un espazo protexido

+info

10/12/2015

ADEGA participa na creación do movemento "Lugo, de cara ao Miño"

Nace un novo movemento en Lugo na defensa do río Miño e dos seus afluentes ao seu paso pola cidade. ADEGA é unha das promotoras desta plataforma que se chama "Lugo, de cara ao Miño" e que terá un carácter permanente, aberto e participativo.

+info

04/12/2015

Presentación do libro e o vídeo dos 10 anos do Proxecto Ríos

Este día 4 de decembro, vimos de presentar os materiais comemorativos do décimo aniversario do Proxecto Ríos. Son un libro e un vídeo onde se recollen as actividades desenvolvidas ao longo da última década.

+info

03/12/2015

CERNA publica a súa edición de Outono, o nº 74

CERNA 74 ofrece aos lectores/as numerosos artigos de interese nos campos da biodiversidade, enerxía, cambio climático, conservación, montes e educación ambiental. Xa podes consultala en http://adega.gal/revistacerna

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal