ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
04/07/2016

Eliminando invasoras e coidando das charcas en Sálvora

ADEGA organiza xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas un campo de voluntariado ambiental estes 5, 6 e 7 de xullo. O lugar escollido para esta nova actuación é a illa de Sálvora

+info

30/06/2016

A CE prorroga o uso do glifosato outros 18 meses: os stocks de Monsanto antes que a saúde

Tal como acontecera co pesticida flufenoxuron, a CE adía 18 meses máis a prohibición do glifosato. Fronte aos 15 anos que pedía a industria, 18 meses é unha prohibición "en diferido". Trátase de dar saída aos stocks de Monsanto...

+info

27/06/2016

Consulta a edición de primavera de CERNA, o número 75!

A revista galega de ecoloxía e medio ambiente, CERNA, vén de estrear edición, co número de primavera de 2016, o número 75. Xa podes consultar os seus contidos!

+info

20/06/2016

II Xornada de eliminación de invasoras no LIC Monte e Lagoa de Louro

O pasado sábado 18 de xuño, ADEGA desenvolveu unha actividade de eliminación de flora exótica invasora na contorna da lagoa de Louro (Muros)

+info

17/06/2016

Máis composteiros para Allariz!

A veciñanza de Allariz xa non ten escusas para non reciclar. Onte 16 de xuño fíxose un novo reparto de composteiros, nesta ocasión composteiros individuais que foron entregados a persoas da área rural que teñen horta ou xardín.

+info

15/06/2016

Exposición UNHA INVASIÓN SILENCIOSA: A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Solicítaa para a túa entidade!

Este 13 de xuño inaugurouse no MUPEGA a exposición sobre a problemática da especies exóticas e invasoras. A partires de xullo, ADEGA pona a disposición de institucións e entidades (concellos, asociacións, etc.). Solicítaa xa!

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal