ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
14/12/2023

ADEGA Vigo-Morrazo rexeita a destrución do último reduto das carballeiras de Navia

No pasado día 12 de decembro comezaron os traballos de corta que dan inicio ás obras da primeira fase da Modificación Puntual do Plan Parcial de Navia e dende ADEGA Vigo-Morrazo manifestamos o noso rexeitamento ás cortas que se están a realizar.

+info

11/12/2023

Milleiros de persoas moibilizáronse na defensa das montañas galegas fronte a especulación enerxética

A Coordinadora Eólica Así Non mobilizou no Día das Montañas unhas 2000 persoas en diferentes localidades do país baixo o lema “Defendemos as montañas de gobernos e especuladores".

+info

04/12/2023

Novo número da Revista Cerna: para este Nadal, consumo crítico

ADEGA edita o nº 90 de Cerna, a maior revista sobre o medio ambiente e ecoloxía de Galiza, xa dispoñible en formato dixital.

+info

01/12/2023

Comunicado da Plataforma pola reciclaxe: “Nostián con Futuro”

Esta plataforma da que ADEGA fai parte emite un comunicado cos seus obxectivos e as conclusións sacadas despois de diversas xuntanzas.

+info

30/11/2023

"Eólica Así Non" convoca mobilizacións na defensa das Montañas fronte a gobernos e especuladores

Haberá mobilizacións en Amil-Moraña, Val do Dubra, Ortigueira, Lugo, A Fonsagrada e Vilar de Barrio.

Os vindeiros 9 e 10 de decembro, a Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte ADEGA, ensalzará o papel da veciñanza e dos colectivos sociais na defensa do territorio fronte a gobernos e especuladores, sometidos ambos ao lobby enerxético.

+info

30/11/2023

Nace a plataforma Galiza sen Gas para acelerar o abandono dos combustibles fósiles

A plataforma considera imprescindible o peche da regasificadora de Mugardos e dos ciclos combinados a gas fósil de Sabón e As Pontes antes de 2030.

A plataforma, que integra ADEGA canda a outras seis organizacións, considera imprescindible o peche da regasificadora de Mugardos e dos ciclos combinados a gas fósil de Sabón e As Pontes antes de 2030.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal